Lugo, 20 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este martes os traballos de reparación do muro de contención do cemiterio de Altamira, en Viveiro, danado por unha riada. A institución provincial investiu máis de 91.000€ nesta actuación, que garante a estabilidade do recinto. O mandatario provincial comprobou as obras acometidas, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e coa Alcaldesa da localidade mariñana, María Loureiro García.
Ademais da reparación estrutural da parede, que presentaba problemas de asentamento na esquina situada contra o apeadoiro de tren na Ponte Labrada, renovouse un tramo de recollida de pluviais deteriorado e humanizouse a parte interior do recinto nesta parte sur con beirarrúas e a instalación dunha varanda. A Deputación de Lugo sufragou o custe total dos traballos e da redacción do proxecto.
“Tratábase dunha actuación moi importante para a veciñanza de Viveiro e que tiña a súa complexidade polo acceso limitado da zona, que só contaba cun camiño de 1,5 metros de ancho por un dos lados”, explicou o Presidente. Tomé Roca argumentou que esta colaboración co Concello de Viveiro “proba unha vez máis o compromiso de colaboración da Deputación de Lugo con todos os municipios da provincia para sacar adiante actuacións importantes para os veciños e veciñas”.
Con estes traballos, a institución provincial resolveu os problemas estruturais nesa parte do cemiterio municipal, que se incrementaron a raíz da riada acontecida en Viveiro en novembro de 2018 e que causaron importantes danos en diferentes lugares do concello, moi especialmente no barrio da Xunqueira.
Logo de visitar o cemiterio, o Presidente, acompañado polos responsables provinciais, asinou coa Alcaldesa a entrega das obras na Casa Consistorial de Viveiro.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



