Otero Regal
Ás veces, como espectador acérrimo, fíxome en certos comportamentos humanos que non sei moi ben se veñen dun subconsciente colectivo amarrado á herdanza do franquismo ou, pola contra, viaxan connosco desde tempos inmemoriais. Trátase das bambalinas de feitos que acontecen, de interioridades onde se prepara unha realidade cociñada máis amable, da intimidade máis dura de onde logo emerxerá o acto ou a noticia social xa listos para o mercadeo.
Seguro que vostedes coñecen eses síntomas nos seus lugares de traballo, nas súas oficinas, nos seus barrios, no diminuto ámbito de onde, en teoría, un tiña que proxectar o seu mellor comportamento para logo ensanchalo en aventuras máis grandes. Pero ás veces non é así, e atoparase con que o seu mando intermedio, o funcionario de turno, o político mediocre por pór exemplos, é unha mala lotería que lle caeu en desgraza, cuxa mera ambición é a colección de medallas pouco éticas que irá gañando á súa costa; á de vostede. Ou o discurso cínico de ideas, moitas veces herdadas de verdadeiros ideólogos, pero que se pervierten en quen as utilizan para o seu propio lucro, sen haber interiorizado o que de esenciais levan e, polo tanto, razón inescusable para levalas á práctica, aínda que o seu cinismo inesgotable sempre queda nun banzo máis abaixo.
Vostedes comprobarían, tamén, que o mando intermedio, verbigracia, teñen unha personalidade pueril e reversible. Por unha banda humíllase e dobra cadrís ante o patrón ou mandamais con parsimoniosa elegancia e non poucas tragadeiras; polo outro, con todo, saca o lobo fascista e perdón os lobos, que leva dentro e acaba fincando as fauces rencorosas na pel indefensa dos seus subordinados. Prodúcese como un trastorno bipolar, ou unha hipocrisía, digna dun estudo parsimonioso e científico. E desta prole de acomodados, vexetativos e eminentemente conservadores militen ou non en sindicatos e partidos de esquerda ou nacionalistas; aparte de imprevisibles na arte do engano, non se pode esperar coraxe empático, nin solidariedade, nin predisposición para unha mellora substancial que beneficie a todos. Non son éticos, nin persoas boas, nin candidatos espontáneos para a colaboración en equipo.
Ben, pois se isto sucede diariamente en ámbitos pequenos como e a nosa bisbarra, que mellor coñecemos e mais preto sufrimos, sen visos de modificación porque moitas veces non son perceptibles á galería e cócense en actos sublimes case escondidos da realidade, como nos imos a embarcar en ideais máis grandes, dos que con facilidade se nos enche a boca, pero que con todo partimos con carencias profundas en valores mínimos dos que tiñamos que estar de acordo?


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



