Mondoñedo, 7 de agosto de 2021.- Mondoñedo celebrará o XXIX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición aínda marcada pola pandemia polo que conta cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.
Polo tanto, non haberá actividades de degustación gastronómica e existirá unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral.
O sábado 14 de agosto ás 11.45 terá lugar o pregón que correrá a cargo de Javier Gómez Darriba, doutor en Historia de Arte. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa do Concello, situada na Praza da Catedral.
O goberno municipal destaca a instalación, levada a cabo nos últimos días, dunhas placas de bronce onde se situaban as portas de entrada da muralla medieval, seis máis un torreón, á cidade. Estas portas son as seguintes: Porta da Fonte, Porta de Batitales ou de Santo Domingo, Porta da Rúa Nova, Porta de Ferreiros ou das Angustias, Porta Nova ou do Perexe, Porta do Pumar ou da Cruz e Torreón ou Turrillón. Con esta actuación amplíase a parte patrimonial e cultural de Mondoñedo, poñendo en valor unha época importante e sacando á luz partes oscuras da historia local mindoniense.
En relación aos postos de venta, son 26 os habilitados que terán a súa ubicación marcada previamente, cunha distancia de seguridade de 3 metros entre cada posto e cumprirán con todas as medidas marcadas polas autoridades sanitarias e polo protocolo de seguridade aprobado para esta edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo agradece á asociación Pasatempo toda a súa aportación constante, compromiso e colaboración coa posta en valor da historia da cidade e co Mercado Medieval























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



