Lugo, 20 de agosto de 2021. A Deputación de Lugo colabora, un ano máis, coa celebración do Resurrection Fest. Este evento musical, que nesta edición celebrarase entre o 26 e o 28 de agosto en Viveiro, conta cunha achega de 50.000€ do organismo provincial. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este venres tras a reunión da Xunta de Goberno a adxudicación dun contrato de patrocinio deste evento musical, que se adaptará ás limitacións que esixe a situación sanitaria.
Tomé Roca recordou que “a Deputación de Lugo apostou dende o principio por este festival, ofrecendo un apoio que foi clave para que o Resu se consolidase como o que é hoxe: unha cita de referencia a nivel nacional e internacional, que atrae a miles de persoas e que produce un retorno económico de primeira orde para Viveiro e para toda A Mariña”.
Esta cita serve de promoción da provincia de Lugo dentro e fóra de Galicia e, ao mesmo tempo, á recuperación da actividade turística, hostaleira e comercial. O Resurrection Fest contou na súa última edición con máis de 100.000 visitantes e xerou, segundo ten estudado a Universidade de Santiago, un retorno económico que ronda os 9 millóns de euros.
O programa
Este ano o Resurrection Fest contará o 26 de agosto coas bandas Kreator, Angelus Apatrida, No Turning Back, Devil In Me e Aphonnic. O venres será a quenda de Eluveitie, Jinjer, Crisix, Bala e Bellako, e, o sábado, os asistentes poderán escoitar a While She Sleeps, Destruction, The Ocean, Landmvrks ou True Mountains. Ao mesmo tempo que os concertos, que achegarán a amantes deste estilo musical, levaranse a cabo retransmisións en directo dos concertos e de actuacións doutras edicións. Pódese consultar a información completa na súa páxina web www.resurrectionfest.es






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



