Barreiros, 1 de outubro de 2021. O Concello de Barreiros iniciará a vindeira semana as reunións informativas sobre a elaboración do inventario de camiños e a presentación de alegacións ao mesmo.
Tras a aprobación inicial do documento por unanimidade no pleno do pasado luns, iníciase a exposición pública do mesmo para a presentación das alegacións oportunas en caso de erros ou inexactitudes.
A alcaldesa explicou que “a elaboración deste inventario pretende dotar de seguridade xurídica ás decisións que haxa que tomar en relación coas vías municipais, así como facilitar o traballo á hora de planificar as actuacións nas mesmas.” A rexedora existe na importancia de ter un documento que acredite a titularidade das vías e que recolla as características, estado e necesidades das mesmas como base para os traballos que sexa preciso realizar.
Exposición pública e charlas informativas
Co fin de dar a coñecer o documento elaborado, así como os criterios utilizados na redacción do mesmo, desde o Concello organizaranse charlas por parroquias con persoal técnico para dar explicacións xerais.
Ademais destas charlas, o persoal municipal estará a disposición da veciñanza para resolver cuestións concretas os martes de 9 a 14 horas e os xoves de 9 a 14 e de 16:30 a 19:30 nas oficinas técnicas situadas na primeira planta; excepto o xoves 7 de outubro por coincidir con charlas explicativas.
As charlas realizaranse nos locais situados nas distintas parroquias e o aforo estará adecuado á normativa en vigor no momento da súa realización, polo que pode ser necesario a limitación de asistencia, en cuxo caso se valoraría a realización de novas convocatorias.
O calendario de charlas previstas inicialmente é o seguinte:
Martes 5 de outubro ás 17 horas no centro sociocultural de San Cosme.
Martes 5 de outubro ás 19 horas, no Canteiro de Benquerencia.
Mércores 6 de outubro ás 10:30 horas no centro social de San Xusto.
Mércores 6 de outubro ás 12:30 nas escolas de Vilamartín Pequeno.
Xoves 7 de outubro ás 17 horas nas escolas de Reinante.
Xoves 7 de outubro ás 19 horas nas escolas de San Miguel.
Mércores 13 de outubro ás 10:30 horas no centro social de Cabarcos.
Xoves 14 de outubro ás 10:30 horas nas escolas de Celeiro.
As xuntanzas están dirixidas ás persoas da parroquia na que se convocan de cara a dar unha explicación xeral do traballo realizado en cada unha delas, así como asesorar no procedemento a seguir no caso de precisar analizar cuestións concretas.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



