Burela, 20 de outubro de 2021. O Concello de Burela recolleu 314 gafas do 14 ao 19 de outubro coa campaña “As miñas lentes as túas lentes”, que puxo en marcha a Delegación de Medio Ambiente en colaboración con Urbaser e Médicos Mundi, con motivo da celebración do día internacional da visión.
A concelleira Toñi Eijo dixo que “ao longo de 4 días, dende o 14 ao 19 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h, instalouse un stand en diversos puntos do pobo: na Praza do Concello, en Arcadio Pardiñas, Pardo Bazán e na Praza da Mariña, para recoller aquelas lentes que a poboación xa non necesitaba, e así darlles unha segunda vida, e desta forma axudar ás persoas que máis o precisan”.
A edil de Medio Ambiente explicou que “as lentes recollidas, despois de ser sometidas a un proceso de selección e clasificación, serán enviadas aos proxectos de saúde visual para a súa distribución entre a poboación afectada por cegueira, principalmente en Marrocos, Burkina Faso e Guatemala. As lentes que non sexan reutilizadas serán destruídas ecoloxicamente separando os diferentes compoñentes e procedendo á súa reciclaxe”.
Esta mañá Toñi Eijo entregoulle a persoal de Urbaser todas as lentes recollidas, un total de 314. A concelleira burelesa subliñou que “o certo é que estamos moi contentos coa acollida desta iniciativa, que demostra unha vez máis a gran solidariedade dos nosos veciños e veciñas, polo que non descartamos participar en máis campañas solidarias”.
Eijo agradece “a colaboración a toda a cidadanía que atendeu esta chamada á solidariedade”.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



