Alfoz, 28 de outubro, 2021. Neste mes de novembro rematarase a substitución dos antigos andeis por novo mobiliario de maior capacidade que fará máis práctica a biblioteca e, ao mesmo tempo, máis luminosa, moderna e acolledora. A renovación do mobiliario levouse a cabo en 3 fases, a primeira o ano pasado subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a segunda este ano, dentro do Plan Único da Deputación de Lugo dentro da cal tamén se inclúe o cambio de luminarias por led, de menor consumo e a terceira será nuns días, de novo pola Xunta de Galicia.
En novembro comezará o Programa Mochilas Viaxeiras para as nenas, nenos e familias da Escola Infantil de Carballido e para os participantes no Programa de Envellecemento Activo do Concello, Activamente. Dúas mochila para a Escola Infantil e catro para os maiores. Nelas levarán en préstamo por períodos de 15 días, libros e revistas así como unha enquisa de opinión co fin de avaliar o funcionamento desta proposta e ter en conta as súas suxerencias para unha mellora continua.
Os martes 23 e 30 de novembro levaranse a cabo 2 obradoiros dirixidos aos estudantes de E.S.O., BAC e FP ás 17:00h, nos que se deberán anotar previamente no teléfono do Concello 982 558 001 (ext.3) posto que hai prazas limitadas, aínda que se hai moita demanda se mirará de repetir os obradoiros. O primeiro será Obradoiro de procura e selección de información en internet para facer traballos e o segundo Obradoiro básico de presentacións. Con eles, preténdese axudar ao alumnado das etapas superiores nos seus estudos, ao igual ca con outras iniciativas da bilbioteca como a compra das lecturas obrigatorias dos distintos centros educativos nos que se atopan matriculados os rapaces e rapazas de Alfoz.
Incorporáronse recentemente novas seccións. Unha a Biblioteca doada por Pedro Rubal que se irá ampliando no futuro e outra o Recuncho Violeta, un espazo propio dentro da Biblioteca con xogos, libros para todas as idades e de todo tipo de xénero que se inclúe no Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres que tamén se irá dotando de novos fondos.
Ademais da Bibliopiscina, que funciona durante os meses de verán, distintos obradoiros lúdicos e creativos que se realizan ao longo de todo o ano para os máis pequenos, contacontos, teatro, etc. de Ler Conta Moito e dos diferentes ciclos da Área de Cultura da Deputación Provincial, a Biblioteca conta cun Blogue hospedado na web municipal, cun programa de información periódica sobre os servizos da mesma, cunha renovación continua de fondos coa compra de novidades editoriais e con recursos coma: 4 lectores de libros electrónicos, proxector, pantalla e altofalantes, aos que suma este ano un novo ordenador portátil a través do Plan Único da Deputación Provincial e agora 3 tablets subvencionadas pola Consellería de Cultura.
Desde hai case 2 anos, temos un Club de lectura, que se mantén en moi boa forma a pesar dos avatares provocados pola pandemia. Un total de 12 membros que se reúnen quincenalmente para disfrutar da lectura, debater sobre un libro e, sobre todo, facer da biblioteca un lugar vivo e dinámico para fomentar a cultura e o pracer de compartir con outros lectores a súa afección.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



