A Mariña, 28 de outubro de 2021. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de iniciar unha colaboración co maiorista receptivo Viajes Interrías, empresa galega con máis de 30 anos de experiencia, especializado en España, Portugal, Lourdes e Andorra. Esta acción é o resultado do traballo realizado por parte do xeodestino e os Concellos asistindo a feiras profesionais de turismo coma FITUR.
Fai uns días o presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, e o director comercial de Viajes Interrías, Fabián Buezas, xunto a técnicos de ambos entes mantiñan unha reunión de traballo no CENIMA en Foz. Entre outras cuestións, revisaron o díptico no que o maiorista receptivo traballou da man da Mancomunidade e que porá a disposición de máis de 8.500 axencias de viaxes en toda a península. Deste xeito o territorio mariñán comezará a ser unha opción a ofrecer por parte destas axencias de viaxes dentro do norte peninsular.
Trátase dun díptico onde se fai unha aproximación á Mariña cun itinerario de 7 días e 6 noites a través de diferentes recursos do territorio tanto do interior como da costa de temática natural, cultural e gastronómica, un exemplo das posibilidades existentes que se pode adaptar á demanda do cliente final. Esta ferramenta servirá para que A Mariña Lucense teña presenza como xeodestino no mundo da turoperación, adaptándose ás necesidades de grupos, individuais ou familias.
Nesta primeira colaboración entre a Mancomunidade e Viajes Interrías farase tamén promoción do xeodestino a través das súas redes sociais e co envío de newsletters á base de datos de turoperadores do maiorista. Fran Cajoto, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, subliñou que “o obxectivo desta acción é ante todo traballar e axudar á desestacionalización da actividade turística no territorio, á redistribución dos fluxos que concentran os principais recursos tractores cara o resto da comarca e que o cliente final teña a oportunidade de pasar o maior tempo posible coñecendo e empapándose da Mariña Lucense”.
A Covid19 veu cambiar os hábitos dos viaxeiros nacionais que, na actualidade, están escollendo viaxar dentro do territorio peninsular a destinos rurais, de espazos abertos e naturais. Esta é unha oportunidade que a Mancomunidade está tratando de aproveitar dende a irrupción do virus e esta acción ven reforzar ese traballo, sabendo ademais que unha porcentaxe alta da xente que visita A Mariña Lucense soe repetir.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



