Viveiro, 29 de outubro, 2021. Na reunión mantida no día de onte con membros da Asociación de Veciñxs do Casco Histórico de Viveiro, trasladaban ao BNG o descontento da veciñanza que vive no casco de Viveiro ante a inacción da alcaldía cunha situación que tras anos se volveu isostible; “ter que deixar a túa casa nas fins de semana porque sabes que non podes durmir”, “sentir medo ante os berros e os golpes na porta da túa casa”, “a xente que nos visita destaca que é un casco precioso, pero moi sucio e abandonado” algunha das declaracións dos membros da asociación.
Ante a situación desesperada e a inacción habitual do equipo de María Loureiro, dende o BNG presentaranse na vindeira sesión plenaria, medidas en positivo para que a xente que habita no casco poda descansar na súa casa. Tamén solicitaremos información relativa ao número total de licenzas dos locais nocturnos, as súas características, así como o estado das comprobacións que se teñen que realizar cada 6 meses tal e como establece a normativa vixente. Información que se oculta por parte do equipo de goberno do PSOE, tanto á asociación que a ten solicitada en reiteradas ocasións como ao BNG, xa que facer público o estado das licenzas era un dos puntos da moción aprobada xa no 2019. ”Constatamos que a falta de transparencia é tamén unha constante coa AVCHV, quenes teñen rexistrados multitude de documentos sen resposta a día de hoxe”, afirmou a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez.
“Faise preciso coñecer tamén se existen medidas preventivas que se dispoñan ante datas sinaladas por parte da Policía Municipal e que a Alcaldía como xefa desta autoridade tería que promover. O equipo de goberno, que ten as competencias e medios necesarios, ten que actuar por sí e non abandonar á veciñanza á súa sorte ante unha situación problemática segura”, afirmou Míriam Bermúdez.
A concelleira do Bloque destacou que levan “dous anos agardando para que María Loureiro poña en marcha a moción aprobada, que incluía a elaboración da Ordenanza de protección contra a contaminación acústica, da que se ten trasladado un borrador en novembro de 2019. Dous anos agardando sen ter tan sequera a primeira reunión para comezar a elaborar esta ordenanza que suporá unha ferramenta para regular as competencias do Concello de Viveiro en canto á contaminación producida por ruído”.
“Exiximos pois o cumprimento da moción para revitalizar os cascos de Viveiro”, afirmou contundentemente Míriam Bermúdez, quen destaca que o Goberno municipal non está actuando tentando minimizar sempre a situación, cando é esencial garantir a convivencia para que se poida manter a actividade dos establecementos de ocio nocturno e o dereito ao descanso das persoas nos seus fogares.”
Destacou tamén por outra banda, a necesidade inminente de atallar a actual situación decadente do casco histórico, no que non existe unha planificación dos usos dos edifcios nin se promove a apertura de negocios que desenvolvan actividades comerciais e económicas compatíbeis coa habitabilidade do casco, dous eixos fundamentais propostos polo BNG xa no 2019, e que a alcaldía calificou como declaración de intencións, constatándose mais unha vez que o equipo de goberno non ten proxecto, nin capacidade para revertir o actual desleixo que caracteriza un casco histórico cheo de patrimonio, e boa mostra disto é que a convocatoria para a rehabilitación de edificos no casco queda continuamente sen solicitudes.”




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



