Barreiros, 5 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros, nunha clara aposta polo desenvolvemento dunha programación cultural integradora, transversal e interxeracional, ven de presentar as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro.
Co nome xenérico de “Barreiros feminino plural”, as áreas de igualdade e dinamización tentarán achegar diversas actividades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas, co obxectivo de visibilizar e desbotar da nosa sociedade todo tipo de violencias, nomeadamente a violencia machista. A concelleira de igualdade, Montse Porteiro reflectiu a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.
A programación dará comezo o sábado 13 de novembro nos Colexios Vellos de San Miguel, onde a Asociación Axuda ao Enfermo Mental representará a obra de teatro contra o bullying “Éres Único”.
Continuaremos durante os seguintes sábados do mes con actos diversos, así o sábado 20 a pedagoga Estela Moreno representará no Centro Social de San Cosme o seu conto “Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso“, dando así continuidade á representación con bonecas que fixeron as nosas nenas, nenos e persoas maiores antes da pandemia. Rematamos o sábado 27 nas Escolas de Celeiro coa contacontos Raquel Queizás, que representará o conto “Somos iguais. Contos pola igualdade”. As tres actividades están dirixidas a todos os públicos, serán ás 18 horas e poderán acoller público ata completar aforos.
A Praza do Concello será quen acolla o acto institucional do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o xoves 25 de novembro ás 12 horas. O Concello de Barreiros, por terceiro ano consecutivo, adhírese tamén á campaña “En Negro Contra As Violencias”. Desde as áreas de igualdade e dinamización agardan que a programación sexa do agrado de todas e todos, e que “o desfrute de actividades lúdicas e culturais vaia asociado ao rexeitamento e erradicación da sociedade de calquera conduta violenta contra as mulleres”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



