NOTA DE PRENSA:
O alcalde socialista protagoniza unha fuxida cara adiante para agochar a súa responsabilidade na mala xestión desta infraestrutura náutico-recreativa pola que incluso podería ter incorrido en responsabilidades administrativas e penais.
BALSEIRO EMPRAZA A ROEL A QUE DEIXE DE ACTUAR COMO UN TALIBÁN POLÍTICO EN RELACIÓN CO PORTO DEPORTIVO
DE VIVEIRO
* O voceiro do Mar se pregunta por qué Viveiro, coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están a atopar este tipo de situacións, xa que é so neste concello no que Portos de Galicia se veu na obriga de retirar unha concesión ao Goberno municipal por continuos incumprimentos denunciados polos propios usuarios.
* Balseiro lembra que Roel parece ter adquirido unha posición de permanente confrontación institucional, moi afastada da correcta defensa dos intereses dos seus veciños e que lle levou tanto a adiar e obstaculizar a apertura da residencia de maiores, como a dirixir insultos e posibles calumnias contra Portos de Galicia
Santiago, 2 de xullo de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, emprazou ao alcalde de Viveiro (Lugo), o socialista Melchor Roel, a que deixe de actuar como un talibán político en relación coa xestión desta infraestrutura náutico recreativa. O rexedor viveirense está a protagonizar nos últimos días unha fuxida cara adiante para así agochar a súa responsabilidade na mala xestión desta infraestrutura portuaria pola que incluso podería ter incorrido en responsabilidades administrativas e, o que aínda sería moito máis grave, presuntamente de tipo penal.
José Manuel Balseiro insiste en que todos os veciños de Viveiro e, de xeito especial os usuarios do porto deportivo, coñecen os déficit de atención que a Alcaldía vén de cometer durante anos ao respecto da xestión desta infraestrutura o que obrigou ao rescate da concesión sobre a mesma por parte de Portos de Galicia. Afondando nesta cuestión o voceiro popular insistiu en que poderíamos estar a falar de feitos de “estrema gravidade”, sen descartar incluso a presunta comisión de delictos como os de prevaricación, coacción e calumnias
Segundo o parlamentario popular o alcalde Melchor Roel non pode seguir empregando ao Concello para obstaculizar o bo funcionamento do porto deportivo, precisamente esa boa xestión que foi incapaz de garantir durante todo este tempo. Na súa opinión o corte de auga realizado nas instalacións náutico recreativas, a retirada do travel-lift, e outro tipo de actuacións de bloqueo son intolerables, absolutamente inaceptables e un claro abuso de autoridade.
Balseiro Orol non se explica como é posible que Melchor Roel renuncie a facer as cousas ben e a defender dun xeito correcto os intereses dos veciños. O ideal, sinala, e o que todos poderíamos esperar dun cargo público como é o Alcalde, é que con independencia de quen o faga, se mostre favorable a que se restablezan os servizos que se lle estaban a negar aos usuarios do porto, feito logrado grazas a intervención do Portos de Galicia. Pola contra, pouco ten que dicir na súa defensa, quen como o Alcalde de Viveiro emprega a calumnia e as malas artes cando outras administracións veñen a solucionar os problemas que ou non soubo ou non quixo atender.
O voceiro do Mar preguntouse, como reflexión final, por qué Viveiro, coa súa alcaldía ao fronte, é o único concello galego no que se están a atopar este tipo de situacións, xa que é so este concello no que Portos de Galicia se veu na obriga de retirar unha concesión ao Goberno municipal por continuos incumprimentos denunciados polos propios usuarios. Segundo o voceiro popular lembra Roel parece ter adquirido unha posición de permanente confrontación institucional, moi afastada da correcta defensa dos intereses dos seus veciños e que lle levou tanto a adiar e obstaculizar a apertura da residencia de maiores, como a dirixir insultos contra Portos de Galicia.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACION DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA (Para declaracións, contactar co teléfono 981 55 15 19/20)















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



