A Mariña, 8 de decembro de 2021. A nova edición de A Mariña en Ruta, que rematou no Vicedo o pasado sábado, acadou de novo datos moi positivos. Así se desprende dos datos desta edición e das enquisas ás que responderon parte das 219 persoas que gozaron das andainas durante os meses de outubro, novembro e principios de decembro. O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, agradece o apoio das administracións para levar adiante este proxecto un ano máis, os esforzo dos profesionais implicados e tamén a participación nesta iniciativa.
O pasado sábado, 4 de decembro, A Mariña en Ruta levou ao grupo completo de Camiñando entre volcáns a descubrir a praia de San Román, no Vicedo. Foi un itinerario guiado polo xeólogo Franciso Canosa que amosou e axudou a comprender a formación xeolóxica desta zona. Unha xornada na que os participantes subiron por rochas ou achegáronse a covas nos impresionantes cantís da praia, formados algúns deles polos diferentes materiais que se atopaban no fondo dun antigo océano”.
Ademais do coñecido Ollo de sapo, característico polos cristais de cor azulada que ten no interior e que recordan a este animal, víronse as pegadas da formación volcánica que se estendía dende o Norte de Galicia ata Guadalajara, case 600 kilómetros de lonxitude, fai aproximadamente 470 millóns de anos. Finalmente, foi posible apreciar un exemplo de tómbolo na parte norte da praia e comprobar a acumulación de imáns naturais que se depositaban, posibles causantes do varamento de grandes mamíferos mariños nestas zonas.
Esta ruta por O Vicedo foi a última deste programa de actividades en torno á cultura e á natureza promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios. “A Mariña en Ruta dotou ao xeodestino durante esta edición dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre co obxectivo de axudar na dinamización da comarca durante o outono e provocar, ademais de que a propia poboación local puidese descubrir mais aspectos sobre a súa comarca, escapadas de turismo interno de Galicia e das comunidades autónomas próximas axudando na reactivación do turismo fóra de tempada nesta época marcada pola covid19”, subliñou o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto.
Esta edición, coa colaboración para a súa coordinación e execución da empresa de turismo activo Volta Montana, veu a supoñer a valorización do entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía da Mariña Lucense a través de 10 roteiros que se realizaron durante os meses de outubro, novembro e principios de decembro nos concellos de Trabada, Burela, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Viveiro, O Vicedo, Xove, Mondoñedo e Alfoz. “Dez roteiros que invitaron a coñecer a riqueza dos concellos nos que se desenvolveron, coma acontecera o ano pasado, da man de guías locais e experimentados no territorio coma: Pedro Rolle, Guido Álvarez, Boris Vilar, Lidia de la Fuente, Sofía López, Claudia del Pino, Noela Feal, David Fernández ou Fran Canosa”, segundo indicou a axente de Desevolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida.
Cajoto dixo que “o ano pasado, cando tiveron lugar as primeiras edicións de A Mariña en Ruta, o programa foi un éxito grazas ao formato que se adaptaba perfectamente á situación derivada pola Covid19 sendo do mesmo xeito este ano pero, sobre todo, por todo un equipo de profesionais que se conformou e soubo estar á altura e tamén pola resposta tan boa da xente. Todo isto propiciou esta nova edición, que volve recoller eses bos datos, con 6 dos 10 roteiros completos, e tamén algunhas suxestións para a súa mellora das que dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense se vai tomar boa nota coa finalidade de seguir mellorando o proxecto para futuras ocasións”.
Realizando unha análise xeral das enquisas desta edición foi posible coñecer que o 100% dos participantes que responderon á enquisa de satisfacción repetiría a experiencia, o 100% cree que debería ter continuidade no tempo, o 100% considera que dinamiza a oferta cultural da Mariña Lucense e o 100% recomendaría a experiencia a outra persoa. Tania Hermida explicou que “a valoración xeral dos roteiros foi moi boa cunha nota media de 9,15 puntos sobre o máximo de 10. A puntuación medias para os roteiros foi de 8,77, a dos guías 9,22, a organización 9,22 e a iniciativa 9,4. A procedencia xeral dos participantes, dun total de 219 que acudiron ás rutas, céntrase en 5 provincias: Lugo (74,5%), A Coruña (15,7%), Madrid (7,9%), Ourense (1,06%) e Pontevedra (1,06%). Foron maioritariamente mulleres cun 59,9% fronte ao 40,1 % dos homes, cunha idade media de 52 anos, aínda que este dato abarca dende os 26 ata os 75 anos demostrando como o programa se adapta a unha tipoloxía de público de idades moi variadas. E en canto á forma na que a xente acudiu aos roteiros destacan as parellas cun 42,6%, seguido de grupos cun 31,7% e un 25,5% que o fixo só”.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, sinalou: “gustaríanos trasladar o noso agradecemento a todos os profesionais involucrados no proxecto, aos participantes pola boa acollida e confianza e ás distintas administracións, tanto Xunta coma Deputación, que co seu apoio económico permiten que teñan lugar este tipo de iniciativas que nos axudan a poñer en valor o noso patrimonio durante esta época do ano”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



