
11,00 h.- A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reunirase co Comité de Empresa de Vestas e representantes sindicais.
foto xoán crespo
17/12/2021
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021. A Xunta denunciou hoxe que Vestas, coa súa actitude, está a imposibilitar calquera posibilidade de venta da fábrica de Viveiro, a única saída para manter a planta activa e preservar os postos de traballo.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión -acompañada do director do Igape, Fernando Guldrís- con membros do Comité de Empresa de Vestas e representantes sindicais aos que comunicou que os investidores interesados na propiedade da planta atopados pola Xunta, veñen de renunciar ao seu propósito ante os atrancos impostos pola multinacional.
“Vestas non se atopa interesada en vender, non quere que ningún outro competidor adquira a factoría e leve a cabo un proceso de reindustrialización na fábrica para así poder manter o emprego”, lamentou a conselleira ao remate do encontro.
O Goberno galego vai seguir ao carón das persoas traballadoras afectadas polo ERE que abocará ao cese da actividade o próximo 31 de decembro. “Imos continuar traballando na busca doutros compradores”, dixo Lorenzana.
A Xunta esixe de novo unha maior implicación do Goberno central, practicamente desaparecido neste conflito, pola súa pasividade para localizar compradores e pola súa mínima implicación na busca dunha solución, o que se resume nunha falta de apoio cara aos traballadores.
Vestas continúa co seu plan de pechar a fábrica de Viveiro tras enviar esta mesma semana as cartas de despedimento aos traballadores e ingresar nas súas contas as liquidacións.
A Xunta insiste en que é necesario máis tempo para fraguar un proceso de compra que garanta a actividade produtiva da factoría e, con ela, o emprego nesta comarca.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



