Lugo, 13 de xaneiro de 2022. A directiva provincial do PP de Lugo analizou na reunión que celebrou na tarde de hoxe a decisión do goberno da Deputación de que esta institución non participe no stand en FITUR de Turismo de Galicia, a mesma decisión que adoptou a Deputación de Pontevedra. Os populares lucenses critican con dureza a citada resolución do socialista José Tomé, porque, segundo sinalan, repercute negativamente na proxección da imaxe turística de Galicia e sinaladamente da provincia de Lugo. Tanto a presidenta provincial, Elena Candia, como o portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, lamentan que Tomé opte polo enfrontamento coa Xunta en vez de por sumar para promocionar o turismo en Galicia.
Cambio de goberno
A presidenta provincial do PP indicou unha vez máis que, a diferencia dos socialistas, os populares traballan para sumar no impulso da provincia de Lugo, en concreto, e de Galicia en xeral. Destacou o esforzo que leva a cabo a administración autonómica na promoción do turismo, que tanto precisa a provincia de Lugo. Tamén lamentou que a Deputación non poña en valor moitos dos recursos que dependen da súa xestión. Por este motivo, Elena Candia manifesta que a Deputación precisa “un cambio de goberno”, xa que “antes de elixir a Lugo, elixen ao Partido. Tomé está a demostrar con esta decisión que é o secuaz de Pedro Sánchez. Se este é o liderado que pretende aplicar como dirixente do PSOE, os lucenses imos aviados”, afirma.
“Tomé ten 11 de 25 deputados e tomou unha decisión en nome de todos. É unha directriz que non me representa e seguro que tampouco a moitos alcaldes e a moitos lucenses. Lugo e a súa Deputación deben ter presenza no stand de Galicia. Estamos dentro desa marca da que nos sentimos orgullosos. Xa bastante dano está facendo o PSOE en Madrid para que Tomé se someta a ese socialismo destrutor do todo o que dá riqueza na nosa provincia”, remarca a dirixente do PP.
Pola súa parte, o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinalou: “O futuro da provincia non pode estar supeditado ás comenencias do PSOE, que pretende unha vez máis utilizar as institucións como ferramenta, ou, mellor dito, como arma para o enfrontamento contra a Xunta de Galicia. O grupo provincial popular está en absoluto desacordo coa decisión de Tomé e da señora García Porto, responsable de Turismo da Deputación, de non asistir a FITUR da man de Turismo de Galicia, como sempre se fixo, e que tan bos resultados deu ata o momento”.
Castiñeira tamén di: “Esta decisión vai en contra dos intereses do sector turístico da provincia e, o que é peor, de moitos operadores e empresas lucenses, que ven como Turismo da Deputación se independiza do stand de Galicia, da marca que supón, especialmente nun ano Xacobeo, tan importante para Lugo porque pola nosa provincia pasan os tres camiños. Nós preferimos o camiño que une e non o que nos separa como pretende a Deputación de Lugo”.
Para os populares, “o turismo lucense non merece un goberno provincial que prime os intereses de partido por encima da proxección da nosa provincia nunha das feiras internacionais máis importantes do sector, como é FITUR”. Castiñeira puntualiza: “Non nos estraña a decisión, ante a analoxía do goberno de Carmela Silva en Pontevedra e o de José Tomé en Lugo: ambos presidentes gustan de mirar primeiro polos intereses dos seus amigos e achegados que dos intereses dos seus veciños; neste caso, os socialistas lucenses denotan maior debilidade e submisión e pouco liderado ao asumir como seus os complexos dos socialistas de Pontevedra”.
Tomé debe rectificar
O grupo provincial do PP insta “unha rectificación do goberno provincial e aposta pola unidade, polo camiño que nos une e pola promoción turística conxunta con Galicia e non polo enfrontamento como pretenden Tomé e a señora García Porto”.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



