A Mariña 6 de abril de 2022. Un paciente denuncia que, tras sufrir unha caída da bicicleta e ser atendidas as lesións que máis urxencia requerían, está a sufrir importantes atrasos na atención a lesións no acromion e nun dedo que son incapacitantes e lle producen unha dor que non cede con analxesia.
I.P.P. sufriu unha caída da bicicleta o 19 de decembro do pasado ano, con resultado de traumatismo craneoencefálico ( TCE) e lesións nun dedo e no omóplato. Desde o hospital da Mariña é derivado ao HULA para o tratamento do TCE, onde permanece ingresado , dous días na UCI e tres en planta. Durante o seu ingreso na UCI aténdense tamén as feridas , máis non se realizan probas radiolóxicas do dedo e acromion. Unha vez resolto o trauma craneoencefálico causa alta hospitalaria, sendo remitido ao control pola médica de familia que lle indica a demora que está a producirse de xeito habitual nas consultas de especialistas e no servizo de radioloxía do hospital. Como a dor que sufre é insoportable e os analxésicos non o alivian, decide acudir a urxencias e tras realizarlle radiografías a impresión diagnóstica é de “tendinopatía do ombro esquerdo e contusión do primeiro dedo da man dereita”.
O paciente tivo que volver á súa médica de familia porque a dor é insoportable, pero non consigue cita con traumatoloxía polos tempos de agarda tan desmesurados, da orde dun ano. Decide chamar a Atención ao Paciente para que atendan o seu caso e se lle de a atención que precisa, pero non consigue contactar tras chamar de forma continuada no horario que lle indicaron, de 13 a 14 horas. A insoportable dor resistente a analxésicos levan ao home a acudir á sanidade privada de Lugo, onde se lle realiza en marzo de 2022 ecografía e resonancia magnética, dos que deriva o diagnóstico de “compatible con rotura completa do ligamento do pulgar dereito e fractura de acromion” e a recomendación de que acuda ao seu hospital de referencia para o tratamento correspondente. Pero varias semanas despois deste diagnóstico, cunha dor inmensa, co ligamento roto e sen posibilidade de que cure de xeito natural, e cunha baixa laboral de varios meses, o paciente sigue sen ser visto para instaurar o tratamento pertinente.
Por iste motivo contacta coa Plataforma, tras interpoñer desde o seu centro de saúde a reclamación pertinente dirixida á dirección do hospital da Mariña, con número de rexistro 227, para que lle demos voz nos medios de comunicación.
Desde o colectivo sanitario esiximos ao Sergas e á dirección do hospital que de xeito inmediato solucionen o problema procedendo a tratar a rotura ligamentosa como mellor proceda e dunha vez por todas se remate coa insufrible dor que está a padecer o paciente. Consideramos que desde que ocurriu o accidente pasou un tempo máis que suficiente para diagnosticar, tratar e mesmo avanzar na recuperación do paciente” que non quere outra cousa que a súa curación, o cese da dor e a reanudación da súa vida laboral@; ao noso parecer a demora na atención é sinxelamente vergoñenta- conclúen.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



