Lugo, 19 de abril de 2022. Máis de 400 gandeirías beneficiáronse das axudas á promoción e potenciación da raza Rubia Galega da área de Medio Rural da Deputación de Lugo, cun importe total de 200.000 euros.
As achegas están vinculadas á inscrición das vacas reprodutoras no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico da raza, un trámite que se realiza tras o primeiro parto do animal. Dacordo coas subvencións xestionadas pola área de Medio Rural, en 2021 as gandeirías lucenses inscribiron nese rexistro 983 vacas, fronte ás 656 de 2020, e ás 525 de 2019, anualidade na que se puxeron en marcha estas achegas.
A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade Mónica Freire, que este mediodía asistiu a Poxa de Xovencas de raza Rubia Galega organizada por Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA) en Becerreá xunto ao deputado de Recursos Sostibles Roberto Fernández, fixo balance desta convocatoria “que nos achega datos que indican unha evolución positiva no censo de animais de Rubia Galega de gandeirías lucenses e polo tanto do fortalecemento desta raza autóctona, caracterizada pola súa adaptación ao territorio e aos manexos extensivos e tradicionais”.
Nesa liña, a responsábel provincial incidiu “na importancia da conservación das razas autóctonas para o desenvolvemento sustentable e a fixación de poboación nas zonas rurais e da promoción dos seus produtos, desenvolvendo políticas que garantan prezos dignos para os gandeiros e gandeiras”.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



