Lourenzá, 21 de abril de 2022. O Concello de Lourenzá organiza a Festa do Maio que se celebrará o día 1 do vindeiro mes, domingo. A programación do festexo inclúe o tradicional desfile polas rúas de Vilanova e dous concursos convocados pola Concellería de Cultura: un de decoración de vivendas e comercios e o outro de sombreiros.
No concurso de decoración participarán aquelas vivendas e comercios que decoren os seus balcóns, fiestras, portais e escaparates das rúas por onde tradicionalmente se fai o percorrido do desfile. Na decoración deben predominar os elementos naturais e facer referencia á conmemoración do Maio ou da primavera. Hai dous premios, que consistirán en trofeos deseñados e elaborados pola Fundación Eu Son.
No segundo certame poderán participar todas as persoas que asistan co seu sombreiro decorado ao desfile do 1 de maio. Pode realizarse con materiais diversos e deben facer referencia á data que se celebra. Os concursantes percorrerán as rúas da vila lucindo os seus sombreiros acompañando ao Maio, que sairá ás 16:30 horas do mercado gandeiro. Ao remate do percorrido farase un desfile no Cantón cos sombreiros participantes e un xurado emitirá o seu veredicto. Establécense dúas categorías: infantil, para nenos e nenas ata 12 anos; e adultos e haberá un premio para cada unha, que consisten en trofeos deseñados e elaborados pola Fundación Eu Son.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que o día 1 de maio celebrarase “o tradicional desfile dos Maios polas rúas de Lourenzá. Haberá concursos de balcóns e escaparates e tamén de sombreiros, con premios para os máis fermosos e orixinais. A saída do Maio será ás 16:30 horas do recinto feiral e os participantes percorrerán as rúas da vila acompañados pola música da asociación cultural Osorio Gutiérrez. Ao remate, no quiosco do Cantón haberá unha actuación da Banda de Música de Lourenzá. Dende o Concello animamos a tod@s @s veciñ@s a participar nos concursos e engalanar as súas fiestras e balcóns nun día coma este. Agradecemos toda a colaboración da xente e das asociacións que nos axudan á elaboración dos Maios e que participan neste desfile do Maio con nós”.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



