Burela, 26 de abril, 2022. Esta semana estase celebrando en Madrid a 35 edición do “Salón Gourmets”, o escaparate anual máis importante de alimentos e bebidas de alta gama. Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o programa de catas e degustacións dos produtos do Mar de Galicia “Galicia Sabe AMar” incluiu un showcooking elaborado con “Pescada do pincho de Burela”.
O stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia acolleu as elaboracións do chef Javier Montero (restaurante Javier Montero, Ribadeo, Lugo), que preparou as receitas de “Merluza de Burela en salpicón con mini ensalada de brotes frescos” e “Merluza de Burela en pil pil sobre parmetier de pataca e grelo”; e contou co maridaxe dos Viños D.O. Monterrei.
O acto, que estivo presentado polo xerente de OPP-7 Burela, Sergio López, contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, como a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Pesca e Acuicultura, Mercedes Rodríguez Moreda, ademais de representantes doutras entidades pesqueiras.
Entre os asistentes á degustación tamén se atopaban representantes de diferentes blogs e medios de comunicación, maioristas e directivos de mercados centrais, proveedores e responsables de cadeas de distribución, sumillers…
Esta presentación únese á degustación do pasado luns no stand de Cepesca, na que se poñían en valor as especies capturadas coa arte de arrastre, na que se ofreceu a receita “Cucharita de caballa en escabeche”, elaborada tamén con produto da lonxa de Burela.
Estas accións inclúense no Plan de Produción e Comercialización anual de OPP-7 Burela, e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



