“As peticións trasladadas polos comerciantes coinciden coas distintas propostas que o Grupo Municipal Popular defendeu en numerosas ocasións e ás que PSOE e BNG votaron en contra”, lembra o voceiro municipal
Burela, a 18 de maio de 2022. O voceiro popular de Burela, Manuel Rouco, considera que “PSOE e BNG tratan de dilatar no tempo a resolución das problemáticas que o colectivo de comerciantes trasladou nas reunións cos distintos grupos políticos da corporación municipal”. Así o entende despois de que, coincidindo co último pleno extraordinario do pasado martes, o popular urxira a celebración dunha reunión de portavoces municipais para abordar estes asuntos e darlles solución antes do verán como demanda o sector; pero “o voceiro do BNG contestara que xa o falarían entre eles e xa se poñerían de acordo”.
Rouco lembra que “as peticións trasladadas polos comerciantes de Burela coinciden coas propostas que o Grupo Municipal Popular defendeu en distintas sesións plenarias e contaron co voto en contra tanto do PSOE coma do BNG”. É o caso da mellora na limpeza viaria que os populares xa reclamaron en diversas ocasións, ademais de opoñerse á subida da taxa do lixo que teñen que afrontar os veciños trala sinatura dun novo contrato de recollida 160.000 euros máis caro cada ano.
Precisamente tamén en relación ás taxas municipais, dende a ACIA de Burela solicitan a súa conxelación. A este respecto, Rouco lembra que “o Grupo Municipal Popular propuxera a rebaixa da presión fiscal para este ano de cara a dinamizar a economía en Burela. Non só foi rexeitada no pleno esta iniciativa, senón que o goberno local do PSOE coa complicidade do BNG aprobaron a suba de taxas que supón un incremento incluso do 85% para as terrazas na zona denominada 1, por exemplo”.
Os comerciantes de Burela tamén demandan o traslado do mercado semanal ao seu emprazamento anterior, no centro urbano, para contribuír a dinamizar o comercio local. Os populares de Burela xa advertiron en numerosas ocasións dos prexuízos que supoñía o traslado do mercado para a zona de Torrentes; non só para os comerciantes ambulantes, senón tamén para o comercio da vila. Polo tanto, esixen que o goberno local “rectifique a súa errática decisión”.
Axudas ao comercio local
Os populares de Burela condena a falta de apoio do goberno local ao sector do comercio e poñen como exemplo que “aínda non se puxo en marcha o plan de axudas para o que o goberno local anunciaba o ano pasado 85.000 euros”.
Isto súmase á falta de interese de que os comerciantes bureleses se beneficiaran no ano 2020 das axudas municipais para o comercio afectado pola crise da covid; xa que “era inviable cumprir os requirimentos establecidos nas bases elaboradas polo goberno do señor Llano. Nese sentido, Rouco subliña que “aínda non se coñece cal foi a cantidade final repartida entre os negocios de Burela dos 125.000 euros anunciados”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



