Rosa Quintana destacou a aposta da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao polas novas tecnoloxías para mellorar a navegación nas augas da súa área de influencia e a súa vontade de optimizar a ordenación do tráfico portuario
Xove, 14 de xuño de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, á presentación do novo radar do Faro de Roncadoira instalado pola Autoridade Portuaria para controlar o tráfico do porto de Alcoa e os fondeadeiros de San Román, na ría de Viveiro e dos Farallóns, fronte a San Cibrao. Alí a titular de Mar puxo de relevo o importante labor que con este sistema realiza a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao a prol do control do tráfico marítimo e do incremento da seguridade na navegación.
As actuacións realizadas para a posta en marcha da estación de radar supuxeron un investimento total de máis de 355.000 euros, cofinanciados co Fondo de Compensación Interportuario. Con elas, especificou Rosa Quintana, auméntase a seguridade marítima na zona. Nesta liña, destacou a aposta que realiza a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao polas novas tecnoloxías para mellorar a navegación nas augas da súa área de influencia e puxo de relevo a vontade desta entidade por optimizar a ordenación do tráfico portuario.
De feito, o obxectivo deste radar é que desde o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo na Coruña teñan a información sobre a ubicación exacta das embarcacións que naveguen baixo a responsabilidade da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Para iso, este servizo brinda imaxe real do tráfico nestas augas, o que facilita a coordinación e control do tráfico portuario marítimo que realiza Salvamento Marítimo do Estado (Sasemar) en nome das autoridades portuarias.
Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, subliñou a vontade desta entidade para investir os recursos en función das necesidades detectadas en cada momento. Isto é un exemplo, engadiu, de que a Autoridade Portuaria cumpre e reafirma ese compromiso, non só co porto de San Cibrao, senón con toda a Mariña lucense coa que segue e seguirá implicada co afán de contribuír ao desenvolvemento da zona, estratéxica para esta Autoridade Portuaria e para toda Galicia.
Actuacións realizadas
Para asegurar a axeitada transmisión de sinal do radar ata o Centro de Coordinación de Salvamento instalouse fibra óptica ata o Faro de Roncadoira. Ademais adecuouse a caseta que está a carón do faro e converteuse en centro de procesamento de datos que alberga os equipos de comunicacións, servidores e cadros eléctricos, entre outros elementos.
Tamén se licitou o subministro e instalación dos equipos que conforman a estación radar (antena, radar, procesadores de radar, estación base AIS -Sistema de Identificación Automática-, estación meteorolóxica e cámara de alta resolución de vixilancia). Isto complementa ás emisoras do porto de San Cibrao que permiten comunicarse directamente cos buques vía VHF (alta frecuencia). Esta sinal transmítese ao integrador de comunicacións do Centro de Coordinación de Salvamento.
A maiores, en conxunto, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao dispón dun sistema de axuda á navegación marítima que se compón de nove faros automatizados, monitorizados e telecontrolados e 146 sinais situadas ao longo da costa que transcorre desde a ría de Ares ata a ría de Ribadeo.
O Faro de Roncadoira está situado na parroquia de Portocelo (San Tirso, Xove) comezou a alumear en 1986 e construíuse como un enlace entre os faros de San Cibrao e Estaca de Bares. É unha torre cilíndrica de 12,7 metros de altura e 3 metros de diámetro, conta cunha lanterna e lámpadas halóxenas e acada as 21 millas.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



