No ADN compostelán están os seus Camiños. Eses Camiños ingleses, francés ou portugués que achegaron centos de milleiros a Galicia e construiron Europa na peregrinación a Santiago. No ADN dos compostelanos está, tamén, a hospitalaria recepción aos que visitan a Cidade, cumprindo o mandato do Papa Calixto II a mediados do século XII, a pouco da morte de Xelmirez e próximo o apoxeo do reino de Galicia que daría anos despois ao mundo a marabilla do Pórtico da Gloria. Por outra banda, dende a perspectiva de hoxendía, cómpre lembrar que case un 20% do PIB compostelán alicérzase nas actividades turísticas.
Porén, a masificacion do turismo de peregrinación ten xerado efectos indesexábeis. Na convivencia cidadá, no custo prohibitivo dos alugueiros para os residentes e nos custos ambientais e de conservación do riquísimo patrimonio cultural compostelán, non sempre axeitadamente promovido nin avaliado. O centro histórico desertizouse de toda actividade comercial que non sexa hostaleira ou de venda de souvenirs. A falla de comercio de proximidade na ámendoa e arredores expulsa da Cidade histórica aos seus habitantes.
Esta fin de semana remata a Xornada Europea da Xuventude, que organizou o Bispado e trouxo a Santiago 10.000 mozos e mozas do resto do Estado canda 350 portigueses e uns 600 doutros países europeos. E, malia a longa experiencia desta caste de eventos que ten a Cidade, semella que existiron serios problemas de convivencia entre estes visitantes e moitas persoas residentes. Documéntanse casos de ruídos inadmisíbeis en horarios de descanso, curtes do tránsito no Ensanche e maltrato ao patrimonio. Polo menos ducias destes rapaces teñen amosado carecer dos mínimos de respecto pola cidade que che acolle e polos seus residentes que constitúen os alicerces de calquera turismo sostíbel. Moitos composteláns teñen dito alto e claro que compre controlar eventos coma éste, que dificultan o desfrute da Cidade polos seus residentes e afastan da mesma ao turismo relixioso, cultural e gastronómico que gasta e que respecta.
O debate sobre a dimensión, fasquía e regulación do turismo sostíbel é urxente xa, para Compostela e para Galicia enteira. Sen dúbida haberá que falar da taxa turística, dos límites da accesibilidade a determinados espazos e tamén -e moito- das normas de comportamento para as persoas visitantes. Neste labor a Xunta, o Concello, a sociedade civil e os partidos haberían formular axiña cadansúas propostas. Porque moita xente está a dicir que este modelo xa non é sostíbel.-




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



