Riotorto, 4 de outubro de 2022. Preto de 700 vivendas de Riotorto contarán con Internet de alta velocidade. Iso será posible grazas ao despregamento que xa realiza unha empresa sueca, empresa que hoxe proporciona fibra óptica no medio centenar deses 700 fogares situados no concello e que completará o proceso de maneira progresiva.
Reunión cos veciños
Así llo comunicaron representantes da compañía ás ducias de riotortenses que se achegaron ao centro sociocultural de As Rodrigas. Tratouse dun encontro organizado pola multinacional para ser informados sobre o desenvolvemento da infraestrutura na localidade lucense e das posibilidades comerciais que teñen á súa disposición.
A colaboración do Concello, clave
Entre eles estivo Clemente Iglesias, o alcalde, que está a xogar un papel activo no crecemento da fibra óptica no pobo. De feito, o Concello de Riotorto está a colaborar de forma activa na concesión e na xestión dos permisos relativos ás súas infraestruturas, facendo gala dunha tremenda axilidade administrativa para levar a cabo devandito proxecto.
A conexión máis veloz, en Riotorto
Cabe lembrar que a infraestrutura que ofrece o operador é a máis rápida dispoñible hoxe no mercado (1.000 Mb). Así que varios centos de veciños de Riotorto beneficiaranse dunha tecnoloxía que axuda a fixar habitantes. É dicir, que é unha ferramenta útil na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosos pobos de Galicia.
Vantaxes para os usuarios
Así, grazas á fibra óptica, esas 700 familias poderán realizar con plenas garantías actividades que son agora en grao sumo habitual: teletraballo, educación en liña, compras por Internet, citas médicas telemáticas, gozar de videoxogos, series e películas en remoto, etc.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



