Lourenzá, 19 de novembro de 2022. Recentemente o Concello de Lourenzá recibiu un escrito da Asociación Patrimonio Laurentino, que tamén foi enviado aos medios de comunicación, interesándose pola poda das árbores do Cantón e pola invasión de pombas e gaivotas que está a sufrir a igrexa e o mosteiro, ademais dalgunha das vivendas do seu entorno. O Concello de Lourenzá quere responder publicamente a esta asociación “para evitar xerar ningún tipo de alarma entre a veciñanza” e aclara que a poda das árbores do Cantón estase levando a cabo polo Obradoiro de Emprego Serra da Cadeira VII, que está dirixido por un enxeñeiro técnico forestal e supervisado por un monitor coa mesma titulación. A requirimento do Concello elaboraron un informe sobre esta actuación de poda levada a cabo durante o mes de novembro. A elección deste momento aclaran que se fixo seguindo criterios sanitarios, silvícolas, urbanísticos e de limpeza urbana”.
O goberno municipal explica que “como criterio sanitario expoñen que as árbores necesitan un saneamento de copas para evitar deformidades, roturas e condicións propias para a aparición de pragas e enfermidades. O criterio silvícola ten en conta que esta especie arbórea entra nesta época en parada vexetativa, momento no cal a árbore sofre menos a incidencia de feridas e cortes. Como criterio urbanístico enténdese que de deixar medrar esta especie, que pode chegar ata os 35 metros de altura, provocaría un sombreado do entorno e un obstáculo visual importante contra o patrimonio cultural do concello, ademais do perigo que suporía a caída de ramas. E por último o criterio de limpeza urbana contempla que as árbores platanus x hybrida desprenden unha cantidade inxente de folla, o que supón unha molestia para a veciñanza e problemas de acumulación de restos vexetais nas rúas próximas. Este informe presentado polos técnicos do obradoiro remata aclarando que a actuación de poda dos plátanos da Praza Conde Santo se está levando a cabo de xeito correcto tanto en tempo como en forma.
Invasión de pombas e gaivotas
Polo que respecta a invasión de pombas o Concello de Lourenzá “é consciente e sabedor deste problema, que seguramente sexa secular. O Concello leva investido moito diñeiro público en lexislaturas pasadas sen acadar os obxectivos previstos para erradicar esta praga de pombas. Consultáronse varios expertos en pragas deste tipo e de momento non se atopou ningún método eficaz que non sexan os antes empregados, que resultaron inútiles; por suposto tendo sempre en conta a lexislación vixente sobre a materia tanto estatal como autonómica. O problema non debe ser fácil de solucionar vendo como é algo habitual en todas as vilas e cidades do país”.
O goberno municipal engade que “o caso das gaivotas é ben diferente, xa que é unha especie que só nos visita esporadicamente, cando se producen fenómenos de temporal na costa. Consultados expertos na materia sinalan a improbabilidade de que as gaivotas aniñen en localidades de interior, pois para iso deberían permanecer durante unha tempada para a incubación e, como é de dominio público, as visitas desta especie ao noso municipio son esporádicas. Ademais debemos ter en conta, tal e como se recollía este verán nos medios de comunicación, o alarmante descenso da poboación de gaivotas na costa galega”.
Ademais o goberno local quere aclarar que “aínda que o uso dos medios é moi lexítimo, está sempre disposto a resolver as dúbidas e inquedanzas tanto do tecido asociativo como da veciñanza en xeral, agradecendo en particular á Asociación Patrimonio Laurentino a súa preocupación polos problemas que poidan xurdir no noso concello e recordándolles que, como facemos sempre, estamos ao seu dispor”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



