O ciclo, que inclúe un coloquio sobre este fito científico, arrancará este martes no IES Pedregal de Irimia de Meira
Lugo, 12 de decembro de 2022. O documental “Fontán. O primeiro rostro de Galicia”, que relata o fito científico e técnico que supuxo a elaboración da Carta Xeométrica de Galiza polo matemático e xeográfo Domingo Fontán (Portas, 1788 – Cuntis, 1866, estrearase nunha decena de centros educativos nun ciclo de proxeccións impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Na liña de colaboración que ven mantendo coa comunidade educativa, a área de Cultura promove estas sesións divulgativas, que inclúen a proxección do documental e un coloquio, coa participación de persoal da produtora Kaito Estudios e do topógrafo Manuel Amigo.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o produtor Manuel Fernández presentaron esta mañá o ciclo, que comeza mañá martes no IES Pedregal de Irimia (Meira) e que continuará nas dúas vindeiras semanas, no IES Lucus Augusti (Lugo), no IES Ánxel Fole (Lugo), no Ies Xograr Afonso Gómez (Sarria), no IES do Camiño (Palas de Rei), no IES María Sarmiento (Viveiro), no Ies San Xillao (Lugo) , no IES A Pinguela (Monforte), no IES Monte Castelo (Burela) e no Ies Leiras Pulpeiro (Lugo).
Maite Ferreiro sinalou que “ofrecemos aos centros educativos un recurso que achega ao alumnado a un dos científicos máis relevantes na historia de Galiza, convidando a profundizar e a difundir o fito técnico que supuxo a elaboración da Carta Xeométrica de Galiza e tamén as súas aplicacións”. E destacou a “que, ademais de popularizar a obra e a figura de Domingo Fontán, é o obxectivo deste ciclo trasladar ás xeracións máis novas a importancia que ten, en xeral, o coñecemento científico”.
“Fontán 360”
O documental ten unha duración aproximada de 45 min e trata da figura de Domingo Fontán, un ilustrado, galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galiza, a Carta xeométrica de Galiza, labor ao que adicou dezasete anos da súa vida. Foi secretario da Deputación Provincial de Galiza durante o trienio liberal, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e Presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago.
A Carta Xeométrica de Galiza, é un mapa físico de Galiza, realizado entre 1817 e 1834. Esta obra foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (triangulación, altimetría barométrica, etc).
Para cartografar Galiza, Domingo Fontán aproveitou os avances científicos da época e estableceu unha rede xeodésica, establecendo diversos puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos.
Para realizar esta carta, tivo que percorrer todo o territorio galego a pé e a cabalo. Nela catalogou, por primeira vez na historia, todas as igrexas das parroquias galegas. Recolleu tamén a totalidade dos accidentes xeográficos e acadou un nivel de detalle no mapa que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite nos anos 50 do século XX.
O documental serve tamén para falar dunha época, o século XIX, esencial no desenvolvemento de Galiza e chea de acontecementos e figuras históricas salientables, que se relacionan con Domingo Fontán. A temática enlaza ademais con temas de actualidade como o big data ou a xeolocalización.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



