RIBADEO .- No vindeiro pleno do Concello someteráse a aprobación inicial o regulamento de réxime interior do Hospital Asilo, prezo público e modelo de contrato de servizo de ditas instalacións. O rexedor, Fernando Suárez, asegura que se trata “de regularizar unha situación que ao longo do tempo non estivo ben regulada e a día de hoxe esta entidade benéfica xestionada por unha congregación relixiosa ten máis gastos que ingresos e trátase de que este déficit que se vai incrementando ano tras ano non poña en perigo o servizo”.
O alcalde sinala que “pretendemos que o Asilo teña unha autonomía financieira para seguir prestando o servizo e en todo caso mellorando o servizo que debe prestar. Queremos crear un regulamento de dereitos e de obrigas dos usuarios que non existía ata o de agora; queremos regulalo a través dun contrato de servizos que tampoco existía e con esta regulación o Hospital Asilo podería pedir subvencións á Xunta, en concreto a Vicepresidencia xa que ata o de agora non era posible, e os usuarios tamén poderían ser obxecto desas axudas”.
ORDENANZA TELEFONÍA MÓVIL
Na vindeira sesión plenaria tamén se verá a denominada ordenanza de aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interés xeral. Fernando Suárez asegura que “pretendemos que as compañías de telefonía móvil que están a operar no noso territorio paguen por elo. Non é xusto… moitas das chamadas son de móvil a móvil, pero tamén hai moitas de móvil a fixo, polo tanto para chamar de móvil a fixo estáse a utilizar o subsolo por onde pasan as redes de comunicación e a día de hoxe as empresas que operan con telefonía fixa sí que pagan aos Concellos por esta ocupación do subsolo municipal. As empresas de telefonía móvil tamén empregan o subsolo para operar de móvil a fixo e é polo que creamos esta ordenanza coa que pretendemos gravar dunha maneira simbólica primeiro e para que non sexa inxusto que as de fixa paguen e as de móvil non”.
O alcalde ribadense di que “unha serie de Concellos hai un tempo en Cataluña iniciaron este modo de gravar mediante estas ordenanzas que foi recurrido por varias operadoras, pero houbo unha serie de sentencias dándolle a razón ao Concello de que se axustaban a dereito este tipo de normativas. Hai algún Concello na nosa comunidade autónoma que o está a levar adiante e nós por suposto tamén porque nos parece do máis progresista facer esto”. Fernando Suárez conta “con que a ordenanza vaia para adiante. Non se trata de ir contra os usuarios senón de que paguen as empresas polo aproveitamento do subsolo que noutro tipo de servizos xa o están pagando agora”.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



