No PP din que as estradas polas que se propón o desvío non reúnen as condicións adecuadas; algunhas delas son da Deputación e os populares xa denunciaron o seu mal estado
Foz, 21 de xaneiro de 2023. O corte da estrada N-642 no concello de Foz debido a un afundimento da calzada crea unha moi difícil situación na Mariña. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “No PP de Foz estamos verdadeiramente preocupados pola situación creada polo corte da N-642 en Cangas, onde un socavón illa unha parte da Mariña (Foz, San Cosme, Ribadeo) da outra parte”. Indica que esta situación “constitúe un problema maior, porque a alternativa de tráfico é inviable tanto en canto aos tempos como en canto á seguridade, dado que vai por estradas que non reúnen as condicións necesarias; algunhas delas son da Deputación e o PP xa denunciou que non están nas mellores condicións”.
Os populares destacan que os veciños de Foz están illados con respecto ao hospital de Burela, no que traballan moitos focenses; tamén traballan noutros puntos da Mariña aos que non poden chegar, como o porto de Burela, Alcoa o no forestal.
Castiñeira di: “Pedimos o señor alcalde de Foz, Fran Cajoto, que se poña a traballar inmediatamente co ministerio para que dea unha alternativa viable, posto que falamos dun tema maior”. Na liña de colaboración que o caracteriza, “o PP de Foz ponse en mans do goberno de Foz por se necesita formar algún tipo de comisión de seguimento, porque hai que buscar algunha alternativa a este gravísimo problema”.
No PP indican que “o ministerio, como máximo responsable desta estrada, debe ser o que dea solución ao grave problema que está causando este socavón na N-642”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



