Foz, 28 de xaneiro de 2023. A asociación O Noso Foz e o Concello presentaron hoxe, sábado, o cartel do Entroido focego, nun acto no que participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e tres representantes de O Noso Foz: Angel Fernández, Fátima Novo e Erea Ben .
A asociación O Noso Foz e o Concello seguen traballando intensamente na organización dun Entroido 2023 que se espera espectacular. Despois dun pistoletazo de saída no mes de outubro coa elección da Raíña nun acto de escolla realizado no Campo da Cabana, chega febreiro con todos os eventos habituais nesta festa, que loita por ser nomeada Festa de Interese Turístico Galego.
O presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira, anuncia: “comezamos o día 11 coa cea de coroación, coa apertura de portas a partir das 21 horas na carpa situada na sala Bahía. Pola mañá comparsas e charangas de Foz amenizarán o mediodía”. Nesta edición a organización aumentou os metros cadrados de carpa dispoñibles, presentando unha disposición diferente a outros anos, cunha carpa principal con moita maior superficie. “Primamos a seguridade ante todo, por iso decidimos modificar a disposición das carpas, revisados coa empresa de prevención todos os pasos”, indica a concelleira de cultura. A coroación estará amenizada por disco-móbil Puzzle Animación e Dj Litainer.
O xoves 16 ás 19 horas será a inauguración da exposición do Entroido, este ano dedicada a Touporroutou, que estará situada no Cenima. Xa a partir das 21.30 horas, na sala Bahía, Afammer e a Asociación de Amas de Casa de Foz organizan a tradicional Cea de Comadres, que contará coa actuación do grupo D’Cano.
O venres 17 ás 20 horas no recinto da Sala Bahía será o pregón do Entroido, a cargo de Touporroutou Teatro e co tradicional concurso de coplas a continuación.
O día grande, o sábado 18, chegará o XLI Desfile do Entroido. “Abriremos ás 10 da mañá co chupinazo e a partir das 12 contaremos coa Charanga de Carmiña e a Batería de Cariño polas rúas da vila”, comenta Ines López Couto, quen continúa explicando: “voveremos a contar co graderío do porto, para todos aqueles que queiran ver sentados o desfile. Estará aberto a partir das 15.30 horas e nos vindeiros días avisaremos da venda das entradas.” O desfile comezará as 17 horas con máis de 8.000 euros en premios. Este ano por mor das obras na rúa das casas baratas realizarase un percorrido alternativo, que baixará pola rúa Corporacións e finalizará diante da praia da Rapadoira, na que haberá unha chocolatada para os participantes do desfile. Á partir das 23 horas a carpa do Bahía acollerá o gran baile do desfile, coa entrega dos premios a partir da 1.30 horas da madrugada. “Para o baile traemos os grupos Bomba e Los Coleguitas”, conta Ángel Fernández.
O domingo 19 será o día infantil e a carpa estará chea de inchables e xogos para os máis pequenos. Tamén será a entrega dos premios infantís. Estará amenizado polo Show das Pamisuky. Ás 20.30 horas, como xa é tradicional, o salón de actos do Colexio Martínez Otero acollerá o Touporroutou.
“Este ano esperamos un gran baile do farolillo, será o luns 20 de febreiro a partir das 23h no recinto do Bahía e estará amenizado pola orquestra Olympus e Dj Litainer”, explican Fátima Novo e Erea Ben, membros da comisión, que engaden: “os farolillos estarán á venda na mesma carpa. Esperamos ver moita xente facendo o plan por Foz”.
Finalmente o martes de Entroido, 21 de febreiro, a Asociación de Amas de Casa organiza o baile infantil, no recinto do Bahía con actividades e música. E o venres 24 ás 22 horas sairá do Campo da Cabana a comitiva fúnebre para a Queima do Entroido no recinto portuario.
O alcalde desexa “que a xente se disfrace e acuda aos diferentes actos que se organizan neste Entroido en Foz, que espera cos brazos abertos acoller a todos os que queiran participar, porque o Carnaval en Foz é algo máis ca unha festa. É un sentimento, algo que te atrapa. Hai que vivilo!”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



