A festa do bacoriño reúne desde hai 35 anos a 10 amigos para celebrar unha xornada dedicada a gastronomía e ao exercicio de “halterofilia do vidro” durante a época de Antroido.
Viveiro, 20 de febreiro, 2023. Corría o ano 1.989 cando un grupo de amigos deciden formar “Cofradía del Cochinillo”, e desde aquel entón todos os seus membros teñen unha cita obrigada o Sábado de Entroido para xuntarse e poder gozar dese ben natural que non é outro que a amizade de outrora.
Os membros desta curiosa pena son: Josiño (ausente nesta ocasión) Luís Cordal, Paco Méndez, José Ramón Soto, Pirri, Atadell, Daniel Rúa, Melchor Rama, Antonio Ron e Óscar Criado reúnense nun par de ocasións ao ano, unha delas sen data establecida e a outra sempre coincide co Sábado de Antroido, sendo esta última cando se celebra a “Comida do Bacoriño”.
Esta pena xa forma parte presencial do Antroido en Viveiro, xa que ano tras ano xúntanse para gozar deste día
AGRADECEMENTOS
Quisieramos aproveitar para agradecer e lembrar a persoas moi importantes nesta data que xa non están connosco. Eles son Juan Gabeiras, primeiro asador do bacoriño, logo o seu fillo Suso Gabeiras, que substituíu ao seu pai no asado. Desde o ano 1989 sempre estiveron aí, connosco, de forma incondicional e desinteresada, para preparar unha parte do menú deste día como son os “bacoriños”. E por iso o noso agradecemento alá onde estean e a amizade de todos os membros desta “Confraría do Bacoriño”. E por suposto a un membro activo da pena como era José Luis Docampo “O Mouro”. Pero no día de hoxe se estarán todos eles no noso agradable recordo e para sempre no noso corazón. Tamén aos locais que non aguantaron durante todos estes anos: O primeiro encontro realizouse no xa desaparecido “O Bodegón Porta dá Vila”, daquela a celebración pasouse ao “Bar Anduriña”, “Paseo Marítimo” e na actualidade no “Restaurante La Ría” e nesta lista temos que engadir a José de Panadería a Fontenova, que se encarga actualmente do asado dos bacoriños.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



