Burela, 28 de febreiro de 2023. O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela está a organizar varias accións formativas para axudar a alcanzar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras. Están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.
A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, explicou que “se trata dun curso para preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española. A temática deste curso é coñecer o Goberno, a lexislación e a participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e xeografía física e política de España, ademais de coñecer a cultura, a historia e a sociedade española. Con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. Este curso terá unha duración de 50 horas”.
A edil burelesa indicou que “organizamos tamén un curso de Habilidades Dixitais Básicas, cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente para ir coñecendo o uso das novas tecnoloxías e ir perdendo o medo a realizar accións tan necesarias na actualidade para poder dirixirse a distintas institucións ou entidades e poder realizar diversos trámites do día a día, cuestións coas que moitas veces non se están moi familiarizados/as”.
As persoas interesadas en obter máis información sobre estes cursos poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono aos seguintes números: 982 58 60 00 / 982 58 06 09.Burela, 28 de febreiro de 2023. O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela está a organizar varias accións formativas para axudar a alcanzar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras. Están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.
A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, explicou que “se trata dun curso para preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española. A temática deste curso é coñecer o Goberno, a lexislación e a participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e xeografía física e política de España, ademais de coñecer a cultura, a historia e a sociedade española. Con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. Este curso terá unha duración de 50 horas”.
A edil burelesa indicou que “organizamos tamén un curso de Habilidades Dixitais Básicas, cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente para ir coñecendo o uso das novas tecnoloxías e ir perdendo o medo a realizar accións tan necesarias na actualidade para poder dirixirse a distintas institucións ou entidades e poder realizar diversos trámites do día a día, cuestións coas que moitas veces non se están moi familiarizados/as”.
As persoas interesadas en obter máis información sobre estes cursos poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono aos seguintes números: 982 58 60 00 / 982 58 06 09.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



