O prazo de solicitude abre este luns e concluirá o 11 de abril
Lugo, 26 de marzo de 2023. Este luns -27 de marzo – abre o prazo de solicitdude das bolsas para deportistas individuais convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A área de Deportes distribuirá 230 bolsas, 45 máis que na pasada edición, ampliando a cobertura destas achegas que teñen como obxectivo fomentar a participación de deportistas de modalidades individuais en competicións, contribuíndo a financiar os gastos asociados a esa actividade. As bolsas oscilan entre os 300 e os 2500 euros e supoñen un investimento total de 100.000 euros.
O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “aumentamos nun 18% a contía destinada a esta liña de apoio ao deporte para atender unha demanda crecente nas últimas convocatorias. Medra a participación deportiva e tamén o nivel competitivo con deportistas lucenses con excelentes resultados nas súas participacións en probas tanto de nivel galego como estatal”
O responsábel provincial explicou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de iniciación, e polo tanto de colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias, desde licenzas ou inscricions en competicións ata transporte ou o material deportivo”.
As contías asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2022. O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, polo que permanecerá aberto ata o 11 de abril. As bases e modelos de solicitude, publicado no Boletín Oficial da Provincia
deste sábado 25 de marzo, están dispoñibles na web deputacionlugo.gal, no apartado de Deportes (https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/deportes/axudas/vixentes/individuais-2023)
Última semana para solicitar as axudas para clubs e entidades deportivas
A área de Deportes tamén ten aberta a convocatoria de axudas para clubs e entidades deportivas, cun investimento total de 600.000 euros. O prazo remata o venres 31 de marzo.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
