Ribadeo, 11 de maio, 2023. O BNG de Ribadeo sempre vai defender os intereses de toda a comunidade fronte a intereses de parte. Fixémolo así á hora de abordar a situación de Illa Pancha, e facémolo tamén á hora de dispoñernos a colaborar coa Xunta de Galicia para lograr un novo centro de saúde. Cun escrupuloso respecto pola legalidade, o goberno municipal de Ribadeo, apoiado polo BNG de Ribadeo, foi dando unha serie de pasos que á fin conduciron a que todos e todas nós puidésemos pasear libremente pola Illa Pancha. Mesmo ante a actitude neglixente da autoridade portuaria adoptou unha decisión contundente: quitar a cancela que debería ter retirado dita autoridade portuaria.
En canto ao centro de saúde, o BNG de Ribadeo, co goberno municipal á cabeza, sempre estivo presente nas mobilizacións cidadáns que reclaman máis persoal para a nosa atención sanitaria. Porque temos claro que o primeiro e fundamental problema da sanidade galega é a política de recortes drásticos que exerce o goberno da Xunta de Galicia, apoiado entre outros polo deputado Daniel Vega, sobre os orzamentos sanitarios. Con todo, tamén temos manifestado a necesidade dun centro de saúde acorde coa situación actual de Ribadeo. E nese sentido, unha vez que a Xunta aceptou o reto de buscar unha solución ao problema das instalacións do actual centro de saúde, o goberno municipal de Ribadeo, co apoio do BNG de Ribadeo, adoptou unha posición de diálogo construtivo. Fronte á responsabilidade do BNG, o concelleiro da oposición, Daniel Vega, facía propostas un tanto estrambóticas, que a propia Xunta de Galicia desestimou.
Froito dese diálogo, o goberno municipal puxo a disposición da Xunta varias opcións para ubicar o novo centro de saúde. Ningunha delas recollía os anceios megalómanos do líder da oposición. E a Xunta, no canto de escoitar cantos de serea opositora, optou pola que considerou a mellor das opcións de entre as que achegou o concello. Aí morreu o conto por parte de Daniel Vega. Quedou en evidencia ante a propia Xunta de Galicia. As súas opcións non eran serias, non eran solventes, non se sostiñan.
Pero logo atopou o líder da oposición un novo oso no que roer: “o Concello de Ribadeo non cumpre coa Xunta!” Falso: o goberno municipal de Ribadeo, consonte á maneira de entendermos a política no BNG de Ribadeo, cumpre cos seus compromisos e cumpre coa legalidade vixente. Trámites como a modificación parcial dun PXOM non se fan nun día nin en dous. E unha vez aprobado ese trámite, aínda temos que agardar por diferentes informes doutras administracións (entre elas a Xunta). O Concello de Ribadeo está preparado para responder tan axiña como sexa posíbel aos informes preceptivos que envíen desde as diferentes administracións. E tamén actuará segundo a lei á hora de proceder á expropiación dos terreos escollidos. Isto é algo máis serio que regalar catro camisetas, ou prometer orquestras. “Ese chico de costumbres un tanto decimonónicas”, como alguén o definiu na anterior campaña, debería ir comprendendo que non se pode faltar á verdade de xeito tan contumaz. Acabamos dándonos conta de que algo falla.
No que á Illa Pancha se refire: despois de ter esgotado o goberno municipal todas as vías, optou por unha acción contundente: retirar a cancela. Algo se faría ben cando as autoridades xudiciais non deron a razón a quen reclamou e mesmo puxo denuncias contra os membros do goberno, por teren retirado dita cancela. Onde está Daniel Vega? Defendendo á autoridade portuaria que quere volver poñer a cancela? Defendo á autoridade portuaria que se nega a asfaltar o tramo de estrada que lle corresponde? Defendendo á empresa privada que interpuxo unha querela criminal por usurpación indebida contra varios membros do goberno? Nesta ocasión, Daniel Vega non deu nin un chío. Non pensa en Ribadeo. Pensa nos seus.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



