Nota de Prensa
Comunicado do Fondo Galego con motivo do Día d@ Cooperante
Os 96 Concellos e 4 Deputacións de Galicia que facemos parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade manifestamos o noso compromiso inequívoco coa cooperación para o desenvolvemento, como unha ferramenta útil para paliar as desigualdades internacionais e promover un mundo no que todos os individuos vivamos nunha situación de equidade, con iguais posibilidades para facermos unha vida digna. Consideramos insoportable vivir nun mundo no que, habendo suficiente para tod@s, morra unha nena ou un neno cada 6 segundos por causas relacionadas coa fame, ou no que 1.400 millóns de persoas teñan que vivir con menos de 1€ ao día.
O planeta vive momentos difíciles, cunha crise económica global e intensa, pero isto non nos debe levar a baixar a garda no noso esforzo cooperante. A crise afecta de peor modo aos países máis pobres e o esforzo solidario que estamos facer hoxe en día en Galicia aínda está moi lonxe de ser o desexable.
Na cooperación para o desenvolvemento corresponde un labor de importancia capital ás persoas cooperantes dos países do Norte, que combaten en primeira liña as inxustizas, ao lado de persoas e entidades que no Sur loitan por mudar o estado de cousas para, as máis das veces, simplemente poder sobrevivir. As e os cooperantes do Norte achegan traballo e coñecementos ao Sur e, de volta no países ricos, co relato dos seus testemuños, contribúen a que teñamos un coñecemento máis preciso e próximo da realidade dos países empobrecidos. O seu labor ten, así, unha dimensión sensibilizadora fundamental.
Desde o Fondo Galego foi lanzado en 2006 o programa Vacacións con Traballo, a través do que funcionariado e persoal laboral das entidades locais socias viaxan ao Sur durante un mes para colaborar coas entidades locais e ONGDs parceiras do Fondo Galego nos países empobrecidos. Non gañan diñeiro por esas colaboracións e pasan o seu período vacacional axudando a outr@s. Trátase dun exercicio de xenerosidade e humanismo encomiables e admirables que deberan encher de orgullo a Galicia, que representan.
Desde 2006 viaxaron 14 técnic@s locais e este ano farano outr@s 5. Arquitect@s, técnic@s de servizos sociais, especialistas en cuestións de xénero, axentes de emprego… achegaron e achegarán o seu saber especializado a Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú. Pero a súa misión non acaba no Sur. Á volta son aliad@s insubornables da loita contra a pobreza no planeta, contribuíndo de modo impagable a que as nosas entidades locais sexan máis conscientes do drama da desigualdade e da utilidade da cooperación para o desenvolvemento. Desde a experiencia, o Fondo Galego pode aseverar que estas e estes cooperantes voluntarios das nosas entidades locais fixeron dos nosos Concellos e Deputacións unhas institucións máis conscientes, solidarias e humanas.
Ás mulleres e homes de Vacacións con Traballo e a todas e todos os cooperantes de Galicia en xeral desexamos, neste día, transmitir un grande grazas. Vós facedes o mundo máis habitable e Galicia un pouco máis grande. Grazas.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



