A Coruña, venres 28 de xullo de 2023. Os pés en Bélxica, onde leva anos triunfando con diferentes proxectos, e a cabeza e o corazón en Galicia, de onde nace a súa inspiración e as súas raíces. Verónica Codesal regresa aos escenarios cun novo proxecto, 100 Voltas, no que fusiona as raíces galegas que a viron nacer como artista con influencias de todo o mundo, e no que envorca todo o seu talento compositivo, acompañada non só de grandes músicos, senón tamén de coñecidas voces da poesía galega contemporánea.
Tras o seu segundo posto en Eurovisión en 2003 representando a Bélxica como líder do proxecto Urban Trad, e con máis de dúas décadas sobre os escenarios ás súas costas, Verónica Codesal regresa agora ás súas raíces, figurada e fisicamente, cun disco que virará por Galicia entre o 24 e o 30 de xullo.
A voz galega universal
As raíces familiares e musicais de Verónica Codesal están en Galicia -os seus pais emigraron desde Guitiriz a Bélxica, país que a viu nacer en 1977-, e toda esa tradición envórcase en 100 Voltas dunha forma moi especial, con composicións que fusionan a tradición galega con diferentes influencias.
Acompañada dos belgas Didier Laloy ao acordeón diatónico e Damien Chierici ao violín, e do tongoleño Boris Tchango á percusión, Codesal constrúe un universo sonoro propio que bebe das fontes tradicionais galegas, e ao que incorpora ritmos árabes, do leste de europa, ou do folck-pop máis rítmico. A esas cancións tradicionais suma letras propias, e outras asinadas por algunhas das voces máis recoñecidas da poesía galega contemporánea, como Lucia Aldao, Yolanda Castaño, Rosalia Fernández Rial ou Brais Fernandes.
Tantas voces femininas responden a un claro obxectivo: deixar claro o compromiso da artista co feminismo, que se ve claramente reflectido nunhas letras nas que a muller é protagonista indiscutible.
Todo este espírito galego que impregna o proxecto levou a Verónica Codesal ha elixir Galicia como punto de partida para a presentación deste disco, na que será a súa primeira xira mundial.
Xira galega
100 Voltas chega o próximo 24 de xullo a Galicia, nunha mini xira moi especial coa que Verónica Codesal espera conectar co público galego dunha forma intensa pero tamén participativa, en directos que son capaces de converter nunha festa a experiencia.
29/07/2023 – 22:00 horas: Parque de San Francisco, Ribadeo
30/07/2023 – 21:30 horas: Praza da Quintana, Santiago de Compostela
Esta xira está organizada por SceneOff vzw, axencia de management, booking e produción, e conta co apoio da Fédération Wallonie-Bruxelles, Secteur deas Musiques e Wallonie-Bruxelles International.




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



