O Valadouro, 7 de outubro, 2023. Como sempre en Valadouro, no inicio do outono, cobra especial protagonismo o mel como produto estrela do val, tantas veces louvado e premiado polas principais institucións galegas do gremio.
Neste 2023, cúmprese a 36ª Edición da Feira do Mel e a Concellería de Medio Rural con Eduardo Chao á fronte, presenta un completo e variado programa que se extende ao longo da vindeira semana e que tamén abrangue aparte do prezado liquido a outro produtos de tempada, como por exemplo a xornada micolóxica do domingo que fará as delicias doss moitos afeccionados aos fungos que habitan a nosa bisbarra.
Como diciamos, preséntase unha ambiciosa programación dirixida a tódolos públicos que principia o mércores 11 de outubro ás 10:00 da mañá cun Obradoiro de Extracción de Mel para nenos/as de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da Asociación Galega Apícola de Mondoñedo.
Continuamos o venres 13, sobre as 18 horas cando teremos na Casa da Cultura unha actividade denominada Abellas! protagonizado por Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, de narración oral e de introducción ao público infantil acerca destes simpáticos e beneficiosos bechos.
Máis tarde no mesmo sitio, ás 20:00 horas, acolleremos unha Conferencia especialmente dirixida ao sector apícola, sobre a Varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola Veterinaria da Casa do Mel de Goente do Concello das Pontes.
E chegamos ao gran día, sábado 14 de outubro coa apertura da Feira do Mel e produtos de outono as 10:00 horas na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira. É o momento para visitar os postos dos reputados apicultores da zona e achegarse ao fántastico mundo das abellas…e como non, adquirir algún bote de mel para as nosas despensas.
Ás 11:00 horas na mesma praza, teremos un ameno e didáctico Obradoiro de Velas a cargo de Devalo, especialmente dirixido a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.
A música tamén estará presente na vila, a cargo dun pasarrúas do grupo Carricantos. Cando cheguemos á unha do mediodía, temos unha boa oportunidade de refrescarnos coa degustación de saborosos eco-cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz.
Outra tradición da Feira do Mel será probar fortuna co primeiro dous sorteos de produtos da feira a través das rifas que distribúan os postos de venda.
Xa pola tarde, abordaremos un tema de suma importancia no mundo apícola, como é a praga da tristemente famosa vespa asiática. A iso das 18 horas haberá un obradoiro para adultos e nenos/as sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA.
Ás 19 da tardiña, xa preto da clausura da feira, haberá un último Sorteo dun Lote de Produtos da feira, pero isto non remata aquí, chega ou tempo da música e o baile ás 8, coa actuación estelar de Jinetes del Trópico.
E o domingo 15 de outubro, unha Xornada Micolóxica: Saída da Praza de Santa María de Ferreira ás 9:30 da mañá nun bus gratuíto para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.
De volta á Ferreira, será tempo de repoñer forzas e gozar coa música de Brétema Band nunha sesión vermú que arrincará sobre ás 13:30.
E ás 14:30, o broche e acto final desta intensa semana coa saborosa degustación dunha Paella Xigante a base de cogomelos.
Como vedes, moitos días de actos e celebración nesta Semana da Feira do Mel e produtos de tempada na que convidamos a acudir a veciños e visitantes do noso pobo.
Este programa non podería levarse a cabo sen a achega que realiza a Vicepresidencia Primeira, Area de Medio Rural da Excelentísima Deputación de Lugo.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



