Lourenzá, 16 de outubro de 2023. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, di que non lle sorprenden as críticas do PP local porque “é a política de sempre: a do descrédito e a de non aportar nada construtivo para Lourenzá. Critican que non pedimos axuda da Xunta para os campamentos de verán, pero non celebran que o Concello investise case 20.000 euros no financiamento dos monitores con cargo a fondos propios, como se fixo sempre. Grazas a iso tivemos un campamento este pasado verán con moitos usuarios e que permitiu a conciliación a moitas familias e ademais deu traballo a xente de Lourenzá, porque os monitores eran da vila; iso era do que se tiñan que alegrar, pero o único que lles interesa é desacreditar todo o que se fai. Iso si, preocúpalles aos señores concelleiros do PP de que partida imos sacar os cartos do campamento de verán, pero non lles preocupa en cal imos meter os gastos de transporte do alumnado de BAC, que ten que asumir o Concello por culpa de que a Xunta lles suprimiu o servizo. Se de verdade queren facer cousas polo pobo, poden reclamarlle á Xunta o servizo de transporte para os nenos e nenas de BAC; e de paso que reclamen tamén o servizo de Pediatría, que tiñamos en Lourenzá e que tamén nos sacou a Xunta”.
A rexedora municipal engade que “teñen cuestións máis que de sobra para comezar a traballar. Tamén sería bo que lle trasladasen á Xunta a necesidade de maiores anticipos no caso dos obradoiros de emprego para que os Concellos pequenos non teñamos dificultades de liquidez á hora de xestionalos; seguro que dese xeito serían moitos máis os Concellos que solicitarían os obradoiros”.
Ademais Rocío López aclara que “o dos contedores de Montero Villegas é outra mentira máis do PP. Si é certo que nos deron moitos problemas, como todos os que temos soterrados, pero eses en concreto levan funcionando dende antes da Festa da Faba. Non me sorprende que non o saiban xa que acostuman a vir polo pobo cando hai que sacar algunha foto e pouco máis. Se estiveran todos os días saberían ben que levan tempo funcionando e tamén que as rúas non están tan sucias como din eles, xa que hai unha persoa que dedica case toda a súa xornada diaria a varrer e limpalas. Que mágoa que nun concello pequeno para algúns a política moitas veces se antepoña aos intereses dos veciños con tal de sacar un rédito político. Para nada me sorprende porque é a súa política de sempre. Pero que saiban os señor@s concelleir@s do PP local que non imos entrar nesa dinámica da confrontación e do desprestixio, moi propia deles e que o único que trae e inestabilidade e malestar para a veciñanza. Mentres tanto nós seguiremos a traballar polo que cremos mellor para Lourenzá, coa conciencia moi tranquila de estar a facer o mellor que podemos. E outros que sigan na súa liña: poñendo paus nas rodas e criticando para que non se faga nada”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



