Insta ao resto do comité e ás administracións a iniciar accións para garantir o futuro da última planta de aluminio primario do Estado
Cervo, 20 de outubro de 2023. Na asemblea de traballadores e traballadoras celebrada este venres, a representación da CIG defendeu a necesidade iniciar as medidas oportunas fronte a Alcoa e exixir unha actuación contundente das administracións ante a decisión da empresa de parar Fundición. Para a CIG o cese da actividade en Fundición constitúe un incumprimento unilateral de Alcoa, pois nunca estivo contemplado no acordo, polo que lamenta que o resto do comité se limite a buscar unha saída xurídica por defecto de forma.
“A parada de Fundición nunca se contemplou nas negociacións, máis ben ao contrario, foi a propia Alcoa a que incluíu, por vontade propia, un mínimo de ‘tocho’ a producir e quixo recollelo no acordo como garantía e aval da súa boa intención. Até falaban de recolocar alí algúns traballadores e traballadoras. Afirmar, polo tanto, que Alcoa está incumprido de forma unilateral o acordo é ser obxectivo”, aseveraron.
A sección sindical da CIG rexeitou que Alcoa e os Gobernos español e galego “pretendan distraernos e asustarnos con argucias semánticas ou consecuencias legais, posto que o incumprimento é un feito”. Neste senso, lamentan que CCOO e UGT non apoiaran a proposta de presentar unha reclamación colectiva polo incumprimento dese artigo, obviando a realidade do complexo de San Cibrao. “Iniciar esta reclamación non suporía romper o acordo, senón pelexar para garantir o seu cumprimento íntegro e defender o noso futuro industrial”, apuntan.
Sen data de rearranque de Fundición nin para recuperar a produción de alúmina
Advirten que coa súa decisión Alcoa está parando totalmente a produción primaria de aluminio no Estado sen data certa de cando vai rearrancar a fundición, e sen concretar tampouco cando recuperará a produción normal da planta de alúmina, ao limitarse a dicir que está nunha situación complicada polo alto prezo do gas e o baixo prezo da alúmina.
Por iso, os delegados e delegadas da CIG consideran que o máis grave da parada de Fundición non é a parada, senón “o síntoma que iso representa e os motivos que Alcoa esgrime: falta de clientes e inviabilidade financeira. Mal precedente cando por outro lado a vicepresidenta de operacións en Europa nos están repetindo que Alumina está unha situación extremadamente difícil e que se a situación das fábricas de aluminio en Europa é preocupante e a de San Cibrao aínda o é moito máis”.
Sobre estas cuestións sinalan á culpabilidade de Alcoa na falta de clientela e exíxenlle que busque pedidos porque “para iso o puxo no acordo”. “A perda de clientes é unha consecuencia de deixar de prestar o servizo adecuado”, alertan. De feito, na xuntanza do pasado martes, a empresa non aclarou se conta con outra clientela a nivel mundial que lle permita manter arrancada Fundición nin tampouco quen abastecerá a clientela de alimentación e farmacia se non o fai a fábrica de San Cibrao.
Responsabilidade das administracións
A respecto dos custes enerxéticos (electricidade e gas natural), a representación da CIG apela a responsabilidade das administracións, “ás que debemos exixirlles que se poñan do noso lado. Que nos apoien na reclamación a Alcoa para que cumpra ese artigo do acordo e que traballen para garantir o futuro da última planta de aluminio primario do Estado”.
A CIG tamén instou ao resto do comité a reclamar de forma unánime ao Goberno español e á Xunta de Galiza que amplíen as medidas para dispor dunha enerxía competitiva a nivel europeo, pondo en marcha medidas como elevar o límite da compensación por CO2; dar estabilidade no tempo á esta norma desligándoa da aprobación dos presupostos xerais do Estado; articular uns criterios de interrompibilidade para a industria electrointensiva; promover a creación dunha tarifa eléctrica galega para este tipo de industrias; amplíar a liña de axudas ás empresa gasintensivas como consecuencia da guerra de Ucraína incluíndo tamén as derivadas da guerra de Palestina; ou acelerar, dentro da lei, as concesións das PPA’s e da ampliación da DBR.





















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



