O Burela enfrontase na cuarta xornada de Prata ao FS BP Andorra
Nota de Prensa
O BURELA FS AFRONTA A SEGUNDA CITA LONXE DA BOMBONEIRA EN ANDORRA
O Burela FS afrontará este sábado a súa segunda cita lonxe da bomboneira, na cuarta xornada de Prata, en terras pirenaicas. Para o BP Andorra, vello coñecido laranxa, esta será a estrea ante a súa afección, despois de dous encontros como visitante e da xornada de descanso. O partido dará comezo ás 18.30 horas.
O cadro de Suso Rey chega a Andorra navegando polo ecuador da táboa, con 6 puntos no seu poder. Fronte aos mariñáns defenderá a súa cancha un conxunto que mantén o bloque da tempada pasada con Paulinho, Cabinho, Carlinhos, Moisés, Marimón…, ademais da incorporación de Aramburu, pichichi do Gijón-El Llano en 2009-10 con 29 goles. Á fronte deste cadro atópase Jandro Álvarez, ex-adestrador do Eivissa, que aposta pola defensa intensa e a liberdade de movemento no ataque.
Ata o momento o BP Andorra aínda non coñece a vitoria. Os seus encontros anteriores resolvéronse cun empate, ante o Puertollano (4-4), e unha derrota, fronte ao Ribera Navarra (6-4).
Víctor Cachón será, de novo, a ausencia da escuadra laranxa; se todo discorre segundo o previsto, o ala-pivote estará afastado das pistas en torno a tres semanas por unha rotura parcial de ligamento lateral interno.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
