Esta iniciativa que desenvolve o Goberno a través do Plan de Recuperación permite a conectividade a máis de 300 megas nun total de 288 proxectos que se están executando en distintas zonas do concello que non dispoñían deste tipo de cobertura
Foz, 8 de novembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, puxo en valor esta mañá xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, os avances na aposta do Goberno de Pedro Sánchez para garantir o 100% de cobertura de acceso a internet de alta velocidade na provincia de Lugo. O concello de Foz foi beneficiario das dúas convocatorias do Programa UNICO-Banda Ancha que desenvolve o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital cun total de 328.565,40 euros para achegar conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 1.034 familias e empresas focenses.
Isabel Rodríguez insistiu no compromiso do Goberno con Lugo a través deste programa, co obxectivo de que “os nosos municipios estean cada vez máis conectados para a tan necesaria cohesión territorial, e que a xente nova poda asentarse en núcleos de poboación máis pequenos coas mesmas oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida”.
No caso da provincia de Lugo, ao igual que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 300 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos. “Coa execución dos 288 proxectos no concello de Foz garantimos que os veciños e veciñas dispoñan dunhas condicións estables e eficaces de conexión a Internet, fundamental na actualidade”, manifestou Isabel Rodríguez.
“O programa ten como obxectivo a igualdade en todo o territorio da provincia nun aspecto fundamental como é hoxe en día o acceso a internet e o uso das novas tecnoloxías tanto nos fogares como nos negocios”.
Plan UNICO
Esta edición do programa UNICO Banda Ancha dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a universalizar a cobertura de banda ancha ultrarrápida vía fibra como ferramenta de cohesión social no marco do Plan de Recuperación do Goberno. Entre as dúas convocatorias deste plan, o Goberno levará a tecnoloxía de conexión ultrarrápida a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
“Estas novas axudas permiten seguir avanzando co despregamento das infraestruturas necesarias para garantir unha conectividade adecuada a toda a poboación da provincia co compromiso firme de que no 2025 todos os municipios lucenses estean conectados a internet por banda ancha”, apuntou Isabel Rodríguez.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



