Pilar García Porto presidiu a última reunión de 2023 do Consello Provincial de Turismo, ante o que explicou a programación realizada dende a área que dirixe para “continuar apostando por un turismo de calidade, sostible, non masificado e atractivo os 12 meses do ano”
Lugo, 12 de decembro de 2023. A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este martes no Salón de Plenos da Deputación a última reunión do ano deste órgano participativo e consultivo impulsado pola institución provincial, ante o que explicou a programación realizada ao longo deste ano 2023, con medio cento de accións distintas. Destacou que con esta estratexia “se consolida o modelo de turismo da Deputación, apostando por un turismo de calidade, sostible, non masificado e atractivo os 12 meses do ano”.
A Deputación de Lugo desenvolveu un programa de accións en materia de turismo dinámico e baseado na propia experiencia da persoa que descubre a provincia a través das diferentes actividades. Deulle continuidade a programas como o Actívate, de turismo deportivo e de aventura; tamén ao Coñece a túa provincia, que volveu con dúas etapas dando a oportunidade de viaxar a case 8.000 persoas, xerando un retorno económico de medio millón de euros. Ademais, no mes de maio festexouse o Día da Transrománica con visitas guiadas a monumentos deste estilo arquitectónico en 19 concellos.
Tamén se destacou na reunión o éxito das rutas fluviais que promove a institución provincial na Ribeira Sacra. Unha iniciativa que vén de pechar unha temporada de récord, coa participación de máis de 60.400 persoas.
Neste ano, a Deputación participou en feiras como Fitur, Expocidades, Xantar, Fairway, e Produart. Así mesmo, colaborou co impulso de concertos de música clásica nos institutos coa acción Música e memes, co Primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, a Feira de San Isidro da Milagrosa ou a Feira do Bonito, entre outras. Estas son iniciativas que se combinaron cos patrocinios de eventos, como a participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no Dakar 2023, o Resurrection Fest 2023, o Festival Trece Roeis 2023, ou o Cume de Tapas Eróticas, entre outras.
A Deputación tamén impulsou un ano máis recoñecementos como os premios á excelencia turística e gastronómica da provincia, que recaeu na Festa da Filloa de Muimenta.
Unha colaboración pegada ao territorio
A Deputación colaborou co tecido asociativo e cos concellos da provincia para facilitar a súa actividade diaria, accións concretas ou novas dotacións que camiñan cara un turismo máis atractivo, sostible e desestacionalizado. É o caso, por exemplo, da Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Consorcio da Ribeira Sacra, o Club Turístico Terra Chá, a asociación Aturuxeiros de Bravos, a Fundación Xesús Bal y Gay, a APEHL ou a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua, entre outras.
Así mesmo, unha das liñas do Plan Único de Cooperación cos Concellos engloba accións e actividades en materia turística, que este ano ascendeu a preto de 150.000€ e que serve para impulsar a promoción de recursos turísticos, feiras e festas, ou campañas de promoción.
O Consello Provincial de Turismo celebrará, como vén sendo habitual desde a súa creación, unha reunión a primeiros de ano para abordar actividades do vindeiro ano, aínda que a Deputación continúa impulsando iniciativas de maneira continuada. De feito, xa está preparando a súa participación en FITUR 2024.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



