Nota de Prensa
A XUNTA DESMINTE QUE RETRASE A INAUGURACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DA MAROSA, POIS AÍNDA NON RECIBIU FORMALMENTE AS OBRAS
* A delegada territorial, Raquel Arias, explica que posiblemente sexan recepcionadas a vindeira semana, e acto seguido serán entregadas ao concello para o beneficio de todos os veciños
* A tenente de alcalde do Concello de Burela foi recibindo información puntualmente do estado de tramitación do proxecto por parte de técnicos da Secretaría Xeral
Lugo, 1 de outubro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, explicou hoxe que as obras do campo de fútbol da Marosa, en Burela, aínda non foron recibidas formalmente pola Xunta, de xeito que dificilmente pode este espazo abrirse ao público para o seu uso.
Arias afirmou que posiblemente sexan recepcionadas a vindeira semana, para o cal desprazarase ata o lugar un técnico da Secretaría Xeral para o Deporte que comprobará que as obras executadas se corresponden co establecido no proxecto que serviu de base ao contrato.
Unha vez realizadas as comprobacións oportunas, a Xunta procederá á recepción da obra e será entón cando, acto seguido, “serán entregadas ao concello e poderán utilizarse xa para beneficio de todos os veciños sen restrición algunha”.
A delegada territorial manifestouse “sorprendida” polas declaracións da tenente de alcalde de Burela, Neves Cando, e dixo descoñecer “cómo é posible que unha concelleira do goberno local de Burela afirme que as obras xa foron entregadas ao concello, cando nin sequera as recibiu a Xunta”.
Na mesma liña, Arias lembrou que “a propia concelleira admite que o Concello achegou o luns os 99.048 euros que lle corresponden, polo que non houbo tempo material para cumprimentar os trámites administrativos e pagar a obra, outro factor que imposibilitou que a teñamos recibido”.
En todo caso, subliña, “é do máximo interese para a Xunta de Galicia que as veciñas e veciños de Burela poidan disfrutar canto antes desta renovada infraestrutura”, na que a Secretaría Xeral para o Deporte inviste preto de 500.000 euros.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



