A Secretaria de Organización do PSdeG provincial e Alcaldesa de Antas de Ulla participou este luns nun encontro coa veciñanza do seu municipio xunto ao Delegado do Goberno, Pedro Blanco; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez
Antas de Ulla, 12 de febreiro de 2024. A Secretaria de Organización do PsdeG provincial e Alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, xunto ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; subliñou este luns que o Goberno de Pedro Sánchez triplicou os investimentos na provincia con respecto aos últimos cinco anos do Executivo de Rajoy.
“Sumando este esforzo investidor ao de Besteiro na Xunta de Galicia, esta provincia collerá un ritmo imparable que porá fin a 15 anos de abandono do PP”, subliñou García Porto, quen mantivo un econtro coa veciñanza de Antas.
Nese sentido, a socialista recalcou que “os concellos pequenos temos no Goberno do Estado un aliado fundamental para poder mellorar os servizos, crear emprego e fixar poboación”. E engadiu que “falta, como sempre, a Xunta do PP, que non fai outra cousa que afogar aos municipios, transferíndolles competencias sen dotalos dos recursos económicos suficientes e facendo un reparto dos fondos públicos partidista e sectario”.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



