Foz, 22 de febreiro de 2024. A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza un ano máis a xuntanza dos maiores. Nesta ocasión será o 2 de marzo, sábado, na carpa instalada na rúa Atalaia.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que é “unha homenaxe de recoñecemento a toda unha vida de traballo, en tempos difíciles de moitas carencias, nunhas circunstancias e nun contexto social que condicionaron moito a vida e o entorno máis próximo dos nosos maiores. É de destacar o papel que xogaron homes e mulleres focegas, de todas as parroquias en todos os ámbitos do pobo para contribuír a facer un Foz mellor. É reseñable o traballo das mulleres nas tarefas do fogar, ademais de coidadoras de pais, nais, avós, fillos e netos, colaborando de maneira activa na economía familiar, traballando nas labores do campo, gandería, na venta de peixe polas casas, e de forma temporal nas conserveiras, etcétera. Polo tanto a nosa pretensión é recoñecerlles a toda unha xeración de fortes crenzas, a máis resiliente con diferenza, a súa valía é merecemento. Polo que foron, polo que son e por todo o que representan.
Calquera sociedade estará máis desenvolvida canto máis respecta e coida os seus maiores. Como dato, o 30 por cento da nosa poboación é maior de 60 anos, sendo o Concello de Foz un dos que máis centenarios ten de toda a Mariña, concretamente nove”.
Ana Rojo engade: “por todo isto o sábado 2 de marzo ás 14 horas celebraremos a xuntanza dos nosos maiores, na carpa instalada na rúa Atalaia, habilitada con baños e calefacción. Haberá un xantar gratuíto, servido polo catering Chao de Brea, ademais da actuación do grupo Nostalgia, que tocará en rigoroso directo, e remataremos a tarde cun sorteo de agasallos e obsequios á dona e ao cabaleiro máis lonxevos desta xuntanza. Esperamos que disfruten desta tarde noite especial, pensada e organizada para todos eles, onde poderán fortalecer vínculos e forxar amizades”.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca “o papel dos maiores para conformar o Foz que temos hoxe: estamos en débeda con eles. Nunha época na que a tecnoloxía e a maquinaria eran testemuñais levantaron con moito esforzo este concello. En pouquiño tempo veremos tamén aberta de novo a cafetería Náutico, que volverá ser punto de encontro para todos eles -o prazo de presentación ofertas para a concesión remata o vindeiro luns, día 26- . Verémonos o 2 de marzo na xuntanza dos maiores, agardo que desfruten do xantar!”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



