Carlos López Font defende a preservación do litoral cunha xestión responsable e equilibrada dos recursos fronte á norma da Xunta “ancorada no desenvolvismo” que quere “encher a costa de cemento”
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024. O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Carlos López Font, acusou hoxe á Xunta de provocar unha confrontación “populista e irresponsable” aprobando unha Lei do Litoral deliberadamente inconstitucional. Replicou ás críticas do PP desta fin de semana reivindicando unha xestión responsable e equilibrada dos recursos mentres o goberno galego escolle o “comportamento populista e irresponsable, provocando unha inseguridade xurídica que acaban pagando os cidadáns galegos”.
Defendeu a preservación do litoral e a compatibilidade sostible dos usos en beneficio da sociedade mentres o goberno galego continúa “ancorado no desenvolvismo de mediados do século XX. Criticou que antepoñan o negocio económico a calquera consideración ambiental, facendo dogma do “todo urbanizable” de Aznar co que queren “encher a costa galega de cemento”, desprezando o valor ambiental das costas.
O goberno galego, engadiu, prefire darlle barra libre aos intereses privados para actuar sobre o patrimonio común en beneficio duns poucos, cando Galicia si que dispón de alternativas para asumir a competencia de xestión do litoral “sen saltarse ás bravas a Constitución nin ir pola porta traseira”. Explicou que a Xunta optou pola vía unilateral, actuando á marxe da legalidade sobre un asunto que nos 7 anos de Rajoy non estaba sobre a mesa nin producira unha soa reclamación.
Á actuación do goberno galego evidencia a dobre vara de medir do PP, que de palabra asegura defender a Constitución, a igualdade dos españois e preservar a integridade do Estado, pero “cos seus feitos fan exactamente o contrario”. Explicou que a Lei da Xunta “vulnera abertamente a Constitución, rompe coa igualdade e menoscaba o dominio público estatal sobre a zona marítimo terrestre”.
Trátase dunha Lei “marca PP”, aprobada no Parlamento de Galicia o pasado 6 de xullo cos únicos votos do PP, tramitada “a fume de carozo e sen apenas debate, coa única intención de instrumentalizala con fins electorais”. Criticou que “aprobaron unha Lei que sabían que é inconstitucional e xerando unhas expectativas que saben perfectamente que non van poder cumprir”.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



