As XXXI Xornadas Técnicas e o XXV Encontro Empresarial de Expomar celebraranse entre o mércores 8 e o xoves 9 de maio no porto de Burela (Lugo) baixo un título que reflexa a situación da pesca: “Contra Vento & Marea”
Burela, 3 de maio, 2024. A Fundación Expomar celebra esta vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial, que terán lugar no porto de Burela o 8 e 9 de maio para abordar os novos retos e dificultades actuais que afronta o sector pesqueiro.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, e a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, acompañarán á presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, na inauguración das Xornadas Técnicas 2024.
A primera xornada terá lugar o mércores 8 baixo o título “Xestión pesqueira”, estará especialmente dirixida aos profesionais do sector e abrirase coa ponencia da secretaria xeral de pesca do MAPA, Isabel Artime: “Principais retos de futuro para o sector pesqueiro español”.
A continuación celebrarase a habitual mesa de debate para tratar a xestión pesqueira desde diferentes ámbitos. Mario Santos, xefe de unidade da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA): “Novas competencias no marco do novo Regulamento de Control”. Julio Valeiras, coordinador do equipo investigador PESCASOST do Instituto Español de Oceanografía (IEO): “Proxecto ISPAMER: o Coñecemento ao servizo da pesca”. Daniel Voces, director xerente de Europeche: “Prioridades do sector pesqueiro para o próximo mandato da UE”.
A segunda xornada celebrarase na tarde do xoves 9 de maio baixo o título “Sustentabilidade e saúde” para tratar temas de interese xeral para todos os públicos. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela: “Presentación Informe CES sobre Pesca. Retos para a súa sustentabilidade”. Rosaura Leis, catedrática de pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Dieta Atlántica: “O peixe, alimento fundamental na Dieta Atlántica”. Juan Revenga, dietista-nutricionista, divulgador científico e coñecido polo seu blog ‘conlasmanosenlamesa’: “Luces e sombras (nutricionais) sobre os produtos da pesca”. Antonio Nieto, xerente de Pesca España: “Pesca España: a comunicación ante os mitos e desafíos do sector”.
As dúas xornadas estarán este ano moderadas por senllos xornalistas que cobren a información do sector pesqueiro, como Xusto López Carril, da Radio Galega, e Anxo Rodríguez, director do programa ‘Vivir o Mar’ de Televisión de Galicia.
O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela a partir das 16:30h tanto do mércores 8 como do xoves 9 de maio. Como xa é habitual nas últimas edicións, as xornadas tamén se poderán seguir en liña desde a web www.expomar.com.
A clausura das Xornadas Técnicas 2024 será ao redor das 7 da tarde do xoves e correrá a cargo da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López. Unha vez finalizado o acto de clausura, ponentes e autoridades realizarán unha visita oficial ao Buque Escola de Cooperación Pesqueira “Intermares”, que está atracado no porto de Burela con motivo do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista.
ENCONTRO EMPRESARIAL
Pola súa banda, o xoves 9 de maio pola mañá celebrarase a 25ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional.
A reunión dos representantes da frota terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela e ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusións tomadas durante a reunión.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



