Ribadeo, 11 de maio de 2024. O coñecido actor galego Touriñán ofrecerá o seu monólogo Aquí Tou! no auditorio municipal de Ribadeo o día 1 de xuño, sábado, en dúas sesións: ás 20:00 e ás 22:30 horas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, quen destacou que “ata agora a xira deste espectáculo de Touriñán só estivo nas grandes cidades e con moito éxito. Por iso estamos encantados de recibilo en Ribadeo”.
A edil ribadense contou que “neste monólogo Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é”.
Aquí Tou! é un espectáculo dirixido a un público amplo, se ben é certo que non está pensado para nenos, polo que podemos acoutar a idade a maiores de 12 anos.
En Aquí Tou! Touriñán compón un monólogo ao redor da súa persoa, comezando na súa concepción e rematando no que lle deparará o futuro. A través de diferentes momentos vitais, Touriñán analízase a el ao tempo que nos retrata a todos. Aquí Tou! recupera momentos importantes da vida do actor cullerdense mais, a pesares do persoal da proposta, é imposible non verse reflectido nas situacións propostas.
Nos últimos anos Touriñán participou en espectáculos teatrais, como Fariña ou Recortes, e en diferentes series e programas de televisión, pero en Aquí Tou! regresa ao formato que lle proporcionou fama e lle deu os seus primeiros éxitos no mundo do espectáculo.
O relato apoiase por momentos en imaxes proxectadas que ilustran diferentes momentos da traxectoria vital de Touri. Un espazo escénico minimalista que xa adianta o que se vai poder ver en escena, un dos mellores cómicos do pais facendo o que mellor sabe: encher o escenario e contaxiar a risa a todo o auditorio.
Con máis de 20 anos de carreira, Touri ten unha conexión co público en Galicia que é difícil superar. O humor é o seu sinal de identidade e conseguiu ser un referente do humor feito desde Galicia. Os seus monólogos, espectáculos, series e aparicións en televisión son sinónimo de éxito. Á súa faceta de actor hai que sumarlle a de produtor, director e axitador cultural. O seu entusiasmo contaxia a quen traballa con el e tamén dá un extra a todos os proxectos nos que se involucra.
As entradas para disfrutar de Touriñán xa están á venda en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/humor/auditorio-municipal-hernan-naval/17483–aqui-tou.html
Na presentación de Aquí Tou! Participaron a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e o alcalde, Dani Vega.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



