Foz, 14 de maio de 2024. O Concello de Foz investiu máis de 119.000 euros na mellora de distintos viais nas parroquias de Santo Acisclo e Santa Cilla. As obras foron executadas con cargo a fondos da Deputación de Lugo, pertencentes ao Plan Único 2023 e grazas á aportación do Ministerio de Agricultura, Unión Europea, Xunta de Galicia e Concello de Foz, dentro do plan de camiños do Agader 2023-2024.
En Santo Acisclo, por un importe de 38.000 euros con cargo a fondos do Agader 2023-2024, aglomerouse en quente o vial que une Raúlfe coa estrada LU-152 Foz-Ferreira. “Melloramos a drenaxe neste camiño con dúas novas taxeas e o formigonado de algo máis de 25 metros de cuneta. Realizamos o aglomerado en quente de 620 metros de vial, ancheando dúas curvas para facilitar a circulación e rematamos a obra con nova sinalización vertical e horizontal”, explica o alcalde de Foz, Fran Cajoto.
En Santa Cilla, no barrio de Trasmonte, renovouse cun dobre tratamento superficial con rega asfáltica o firme en 2,4 quilómetros de camiños, que constitúen o entramado viario neste núcleo. “Investimos máis de 81.000 euros para mellorar o firme nuns camiños que sofren moito desgaste pola saca de madeira. Estes traballos súmanse á renovación da varanda e a sinalización na ponte sobre o río Ouro que realizaramos na anterior lexislatura”, destaca o alcalde.
Ademais está prevista a mellora de firme tamén con rega asfáltica de algo máis de 350 metros dun vial en Vilatuixe, na parroquia de Santa Cilla, con cargo ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración 2023-2024, cofinanciado polos fondos europeos Feader nun 75%, pola Xunta e polo Ministerio de Agricultura.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



