Non é moi común no mainstream da opinion publicada recoñecermos a trascendencia do Estatuto de 1936, que cumpriu o seu 88ªº aniversario este 28-X. E, porén, a súa proxección ao nosso tempo é indubidábel, pois que a Disposición Transitoria 2ª da vixente Constitución deseñou un acceso privilexiado ao nível máis alto de autonomia para as tres nacións do Estado, que tiñan plebiscitado afirmativamente no pasado cadanseu Estatuto. Canda este acceso privilexiado recoñeceuse un sistema bilateral e paccionado para a definición do Estatuto, proposto pola Asemblea de parlamentários galegos que logo negociaban o texto a refrendar pola cidadania coa propia Comisión Constitucional, no canto do proceso estatutario dos outros territorios distintos ás tres nacións devanidtas, no que as propostas estatutárias eran tramitadas polas Cortes estatais como calquera lei orgânica.
Este recoñecemento conéctase coa propia distinción entre nacionalidades e rexións que fai o artigo 2 da Constitución e constitúe a única pegada da antiga legalidade republicana na Constitución de 1978 e nos seu bloque de constitucionalidade (Estatutos e outras leis orgânicas).-
O plebiscito de 1936 foi un grande éxito do Partido Galeguista (PG) dirixido por Castelao e Bóveda. Primeiro pola súa elaboración participativa e transversal, que acadou en decembro de 1932 o apoio de 209 dos entón 319 concellos galegos. Despois pola intensidade da campaña plebiscitaria e pola apertura da mesma a outras forzas da Fronte Popular, que partillaba o PG e outras alleas, como o Centro de Portela Valladares e a Dereita Galeguista de Risco e Filgueira Valverde, que se adheriron sen reservas a esta campaña.
O Estatuto de 1936 non puido acadar vixencia por se producir o golpe militar e posterior enxurrada franquista só días despois da súa solemne presentación nas Cortes republicanas, Xurdiu entón en determinados partidos da FP (PSOE ou Izquierda Republicana…) a idea de que o importante era gañar a guerra e que coas autonomías catalá e vasca xa abondaba, propugnando esquecer o Estatuto aprobado. Mais o teimudo labor de Castelao conqueriu que o Estatuto fose adoptado oficialmente nas Cortes de Montserrat de 1938 e aprobado nas de México D.F. no 1945.
O mesmo Castelao, animado polo lehendakari Agirre Lekube (PNV) promoveu o Consello de Galiza como institución fideicomisaria da dupla vontade da cidadania galega manifestada nas eleccións de 1936 (en canto elixiron os deputados que integraban o devandito Consello) e do plebiscito de 1936 (en canto votaran por unha maioria de máis do 73% do censo!! o Estatuto). Deste xeito, malia non poder ter un Goberno no exilio pola falla de vixencia normativa do Estatuto, Galicia tivo un representativo da última vontade cidadá democraticamente expresada, que primeiro acadou un amplo, malia que limitado traballo conxunto das tres nacións plebiscitadas a medio da plataforma Galeusca e despois a participación de Castelao como ministro no Goberno republicano no exilio de José Giral (abril 1946-marzo 1947), mais como ministro lexitimamente representante do noso país e non do PG.
Velaí que non se poida entender o rango constitucional de nacionalidade que lle atribuíu a Galicia a Constitución (expresión da súa existencia preconstituínte) sen o traballo de centos de homes e mulleres e, dende a enxurrada franquista e o asasinato de Alexandre Bóveda, sen o titânico traballo desenvolvido por Alfonso R. Castelao . Por iso o rianxeiro, con ser unha personalidade política nacional que vai moito máis aló do galeguismo político, non pode ser reivindicado polos que defenden menos Galicia e máis España.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



