Viveiro, 19 de agosto, 2024. Dende o martes día 20 ata o venres 23 de Agosto serán máis de 20 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter a recta final da tempada de rebaixas nunha feira de stock ofrecendo grandes descontos.
Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os productos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración.
Para aproveitar estas oportunidades animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía.
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor azul e amarelo co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.
Os negocios que participan son:
TEXTIL
BIA – BIA
COBELINHA
COMPLEMENTOS SULIAN
CONFECCIONES JUSTO VAZQUEZ
SANJURJO MODA
MIMIMÓ
MISSTIC
COCOLATTE
FONTANA
F&M
KODY
BAAMONDE
VERSUS
CALZADO
VOGUE – LV
DR. ZAPATO
DEPORTES
VAN SURF SNEEKERS
VAN SURF SHOP
PAQUETERÍA / LENCERÍA
IRIMIA
NACAR
PAQUETERÍA MÓNICA
ÓPTICAS
ÓPTICA ROSARIO
XOIERÍAS
XOIERÍA PALEO
KALEA
CERÁMICA
REGAL
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



