A Lei 22/2009, que regula o financiamento autonómico común define a “capacidade fiscal” galega, para cada exercício, como o produto líquido dos tributos cedidos ao noso país: i) 100% dos Impostos sobre Transmisións Parimoniais e Actos Xurídicos Documentados, Sucesións e Doazóns e Patrimonio Neto e taxa sobre o xogo (recadados directamente pola Axencia Tributaria Galega) e ii) 50% do IRPF e IVE, 58% de determinados impostos especiais-II.EE- á fabricación: cervexa, viño, bebidas destiladas, tabaco e hidrocarburos e 100% dos Impostos especiais sobre a electricidade e de matriculación de vehículos de transporte (todos estes recadados pola Axencia Tributaria Estatal-AEAT-). No 2020 a capacidade fiscal galega acadou case os 5.829 M€, só un 46,6% da recadación total na Galicia por todos os tributos estatais (case 12.000 M€), segundo debulla o economista galego Xosé Díaz no seu libro “Autogoberno e sistemas de financiamento. O papel da Nación Galega” (Edicións Laiovento, 2023).
Como afirma Díaz é ben chocante limitarmos normativamente a capacidade fiscal de noso a unha canastra moi limitada de impostos, na que non se insiren os Impostos de Sociedades (IS), sobre as primas de seguro e depósitos bancários e os temporais sobre benefícios extraordinários dos sectores bancario e enerxético. Mais a trampa faise máis evidente nun outro estudo do mesmo economista (“Os resultados da liquidación do réxime común ou das “rexións” en 2022”). Por mor do efecto sede, malia só achegaren o 19,4% do PIB estatal, a Comunidade de Madrid recada case a metade dos impostos estatais (37% do IS, 51% do IVE e 84,1% dos II.EE.). O IS compútase no lugar do domicilio fiscal da compañía e as operacións de venda suxeitas ao IVE e II.EE. no mesmo lugar, que adoita ser o mesmo do domicilio social, Alcoa, Stellantis ou Ence xeran PIB dende Galicia, mais facturan dende Madrid. A capacidade fiscal de Madrid está dopada polo sistema fiscal español e Madrid mesmo usa a súa capacidade normativa para reducir a carga no IRPF para os que invistan en novas empresas sempre que teñan o seu domicilio social en Madrid. Velaí a causa de moitas deslocalizacións a prol de Madrid da sede empresarial- que non da produción ou distribución- nos últimos tempos.
O concepto trampulleiro de “capacidade fiscal”, referido ao ingreso agrávase dende a perspectiva do gasto co de “poboación axustada”, que lle fai perder a Galicia financiamento por privilexiar factores como o da inmigración a respecto do incremento do custo efectivo dos servizos por mor do espallamento e avellentamento da nosa poboación, factores recorrentemente moi pouco ponderados.
No 2020 o Estado completou esta trampulleira “capacidade fiscal” para garantir o financiamento dos servizos que presta a Administración autonómica galega cuns 2.115 M€ adicionais con cargo aos distintos Fondos do sistema de financiamento común. No politiqués de quenda a “solidariedade” española achegounos 2.115 M€ adicionais á nosa “capacidade fiscal”. Mais a recadación total no noso país por tributos estatais acadou case os 12.000 M€. É dicir, que as nosas familias e empresas achegaron máis de 6.100 M€ adicionais ao que nos computan como “capacidade fiscal “· e destes só voltaron 2.115 M€.
Cos case 4.000 M€ que retén o Estado haberíamos pagar-certo é- os servizos que presta directamente a súa Administración no noso territorio. Se atendemos á regra do concerto vasco haberíamos liquidar un 5,2% da recadación ( é dicir uns 624 M€), pois que esa é a nosa participación no PIB estatal. Admitamos mesmo correccións e actualizacións até unha cota de 1.000 M€/ano. Estamos logo a perder, segundo as contas de 2020, case 3.000 M€/ano (medio billón, con “b” de burro, das vellas pesetas). Velaí o custo para Galicia de que non se lle recoñeza plena capacidade para a recadación, xestión e liquidación dos tributos estatais. De que non se nos recoñeza o mesmo sistema que xa desfrutan Euskadi e Navarra.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



