Ribadeo, 9 de outubro de 2024. Do 11 ao 13 de outubro terá lugar en Ribadeo a XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do autor ribadense, Mati González.
A edil ribadense indicou que “como cada ano lembramos ao autor ribadense Daniel Cortezón acollendo unha mostra do teatro afeccionado que se está a facer agora mesmo en Galicia. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación de 57 Palabras, de Viveiro, e de Rebuldeira Teatro, de Sarria. As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.
Sanjurjo explicou que “o venres, o grupo 57 Palabras representa dúas pequenas obras: Orde e matrimonio e Entre nosoutras. 57 Palabras é un grupo de recente creación, que xorde sobre todo coa intención de facer teatro en galego para entreter. Está formado por actrices e actores cun amplo percorrido no mundo escénico e audiovisual. O sábado Rebuldeira Teatro representará Cita previa (Historias disparatadas nas consultas médicas). Esta formación de Sarria naceu no 2011, formado por alumnado e ex alumnado da aula de formación teatral creada no propio concello un ano antes. Na actualidade está formada por actores e actrices con idades que van desde o 28 anos ata a xubilación. Na súa andaina, chegaron a actuar por toda Galicia e mesmo fóra dela en colaboración cos Centros Galegos de Barakaldo e Barcelona”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “o domingo, o Grupo de Teatro de Ribadeo porá en escena El rigor de las desdichas, do poeta nacional uruguaio nacido en Ribadeo, José Alonso Trelles, El Viejo Pancho. É unha comedia lixeira en verso arredor da relación entre o amor e o diñeiro e cuxa montaxe xa formou parte da recente homenaxe que o Concello de Ribadeo lle organizou ao autor con motivo do centenario do seu falecemento. O Grupo de Teatro de Ribadeo naceu tamén dunha aula de teatro que o Concello puxo en marcha en marzo de 2007. Desde daquela combina as súas propias montaxes independentes coas vinculadas a eventos do Concello de Ribadeo como o Ribadeo Indiano ou o Ribadeo Ilustrado”.
Begoña Sanjurjo anima a acudir ao auditorio municipal a esta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón do 11 ao 13 de outubro: “convídovos a todas e a todos a participar nesta mostra de teatro afeccionado o venres, sábado e domingo desta fin de semana no auditorio ás oito da tarde. Vémonos no teatro”.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



